Presentación do libro e documental ‘Cen Mulleres que opinan’ en Pontevedra

sáb25out12:00Presentación do libro e documental ‘Cen Mulleres que opinan’ en Pontevedra‘As mulleres que opinan son perigosas’12:00 Edificio Castelao. Museo de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

A celebración de ‘Cen Mulleres que opinan’ terá continuidade o sábado 25, a partir das 12.00 horas, no Edificio Castelao do Museo de Pontevedra.

Neste espazo presentarase o libro -con ilustracións de Bea Gregores- e o documental ‘Cen Mulleres que opinan’, da man de Susana Pedreira e Diana López.

Nesta conversa- presentación irán incorporándose catro relatoras do foro: as xornalistas Olga Viza, Marta García Aller, María Varela e María Hermida.

Nas súas oito primeiras edicións, o encontro ‘As mulleres que opinan son perigosas’ acadou o fito de dar a palabra a cen relatoras.

Foron cen as profesionais que reflexionaron e analizaron a situación das mulleres no xornalismo, os retos e atrancos que sofren pola súa condición de muller, os estereotipos que aínda pesan nas súas carreiras, onde estaban e onde están; que falaron da necesidade de ollar o mundo e contalo cunha mirada feminista; e que compartiron un espazo de diálogo, intercambio de experiencias e confidencias no que as mulleres -xornalistas ou non- atópanse seguras e libres para cuestionar, dubidar e afirmar.

‘As mulleres que opinan son perigosas’ naceu no ano 2018 froito da indignación de dúas xornalistas locais –Diana López e Susana Pedreira- e da man do Concello de Pontevedra e a Deputación de Pontevedra, ao constatar a escasa presenza de mulleres nas páxinas de opinión dos medios decomunicación galegos e estatais.

Hora

(Sábado) 12:00

Localización

Edificio Castelao. Museo de Pontevedra

Rúa Padre Amoedo Carballo, 3. 36002 Pontevedra

Está pasando!