Presentación do libro e poemario 'Marea Morta' e '5' en Vilagarcía

ven15mar20:00Presentación do libro e poemario 'Marea Morta' e '5' en Vilagarcíaana lojo chan | Europa Ediciones20:00 Auditorio Municipal de Vilagarcía - Vilagarcía de Arousa

Detalles do Evento

A Sala de Conferencias do Auditorio Municipal de Vilagarcía acolle o venres 15 de marzo, ás 20:00 horas, a presentación do libro e o poemario ‘Marea Morta’ e ‘5’ de Ana Lojo Chan.

Entrada gratuíta ata completar aforo.

‘Marea Morta’

Liz vive coa súa nai en Edimburgo e acaba de chegar a un pobo de Galicia para pasar unhas semanas cos seus avós, tíos e prima, dos cales estivera anos afastada. Acompañada de familia e amigos, pasa unha das mellores experiencias da súa vida, á vez que tenta darlle sentido a ese secreto que tanto a atormenta, e é que, aínda que nosa protagonista pode chegar a dubidar da existencia de certos mitos…, habelas hailas.

Só Liz poderanos dicir se consegue superar todos os seus medos, pero o que si logra é descubrir a importancia da amizade, a ilusión dun primeiro amor e o valor dalgunha que outra tradición da terriña.

A súa curiosidade é a causante de que atope uns poemas cuxo significado irá desvelando, á vez que destapa outros misterios e verdades ata chegar a converter ese mes e medio no seu mellor verán…, because life is beautiful!

Ana Lojo Chan

Ana Lojo Chan, nacida en Galicia, España, en 1978, é unha mestra de inglés de Infantil e Primaria que empezou escribindo contos para os seus alumnos. Esta afección derivou en proxectos máis ambiciosos que enxalzan a sabedoría popular e a importancia da mestura de culturas.

O seu obxectivo era que tanto a súa filla como o seu fillo lembrasen aspectos relevantes do pobo no que se criaron e así foi que creou unha historia para que toda a información, recompilada tras anos de investigación de campo, resultase amena e entretida.

O seu tempo libre pásao lendo, escribindo ou facendo deporte. Con todo, o que realmente lle apaixona é viaxar.

Viviu unha tempada en Edimburgo e varias semanas en Canadá, Finlandia, o sur de Inglaterra e Irlanda. Ditas experiencias achegáronlle gran riqueza tanto no ámbito persoal como no profesional.

Hora

(Venres) 20:00

Localización

Auditorio Municipal de Vilagarcía

Av. da Mariña, s/n, 36600 Vilagarcía de Arousa

Está pasando!