Presentación do libro 'Mirafiori', de Manuel Jabois

lun12ago21:00Presentación do libro 'Mirafiori', de Manuel JaboisOrganizado pola Libraría Miranda21:00 Centro Social do Mar - Bueu

Detalles do Evento

A Libraría Miranda de Bueu organiza o luns 12 de agosto a presentación do libro ‘Mirafiori’, de Manuel Jabois. O acto terá lugar ás 21.00 horas no Centro Social do Mar.

SINOPSE:

Que farías se unha muller da que estás namorado che confía que ve pantasmas? Valentina Barreiro e o narrador desta historia coñecéronse na adolescencia e compartiron un segredo toda a súa vida. Cumpridos os corenta, Valentina é unha actriz de éxito e el un home sen fortuna. Un home que xa só a ama como pode. Só entón, cando sexa tarde, chegarán a coñecerse de verdade.

Esta é unha historia sobre a beleza de todo aquilo que non ten explicación. Unha novela sobre a dificultade e a emoción de non poder comprender todo o que nos acontece.


Hora

(Luns) 21:00

Localización

Centro Social do Mar

Rúa de Montero Ríos, 36930 Bueu

Está pasando!