This is a repeating event

Programa '+Bosques' da Deputación de Pontevedra

dom03agoConsultarPrograma '+Bosques' da Deputación de Pontevedra visitas guiadas a enclaves singulares de la provincia de Pontevedra(Consultar: domingo) Deputación de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

A través do programa ‘+Bosques’ da Deputación de Pontevedra ofrécense visitas guiadas a enclaves singulares da provincia de Pontevedra, adaptadas ao patrimonio natural e cultural de cada contorna e como unha experiencia terapéutica e enriquecedora.

Son actividades moi completas nas que converxen a educación ambiental como camiño para fomentar a conciencia relativa aos problemas ambientais e a promoción e conservación e protección do patrimonio natural e cultural, xunto coa promoción da saúde, a través do que as persoas desconectan da rutina e se familiarizan con hábitos saudables que desencadean unha serie de beneficios para o organismo.

Tendo en conta o anterior, o programa ‘+Bosques’ inclúe sete percorridos polos seguintes espazos naturais: a Ruta do Xabriña (Covelo), a Ruta da Pedra e da Auga (Meis), O Carreirón (A Illa de Arousa), cabo Udra (Bueu), o pazo de Lourizán (Pontevedra), a illa de Tambo (Poio) e o río Eifonso (Vigo).

En todos os casos procurouse que fosen accesibles, considerando as particularidades de cada zona.

RÍO XABRIÑA (COVELO)

  • Sábado 2 de agosto – 10:00 e 10:30
  • Domingo 10 de agosto – 19:00 e 19:30
  • Sábado 23 de agosto – 10:00 e 10:30
  • Domingo 7 de setembro – 10:00 e 10:30

RUTA DA PEDRA E DA AUGA (MEIS)

  • Domingo 3 de agosto – 10:00 e 10:30
  • Sábado 24 de agosto – 19:00 e 19:30
  • Domingo 21 de setembro – 10:00 e 10:30
  • Sábado 18 de outubro – 10:00 e 10:30

O CARREIRÓN (A ILLA DE AROUSA)

  • Sábado 9 de agosto – 10:00 e 10:30
  • Sábado 13 de setembro – 10:00 e 10:30
  • Domingo 28 de setembro – 19:00 e 19:30
  • Domingo 26 de outubro – 10:00 e 10:30

CABO UDRA (BUEU)

  • Sábado 16 de agosto – 10:00 e 10:30
  • Domingo 31 de agosto – 19:00 e 19:30
  • Sábado 11 de outubro – 10:00 e 10:30
  • Sábado 25 de outubro – 10:00 e 10:30

ILLA DE TAMBO (POIO)

  • Domingo 17 de agosto – 19:00 e 19:30
  • Sábado 6 de setembro – 10:00 e 10:30
  • Sábado 20 de setembro – 19:00 e 19:30
  • Domingo 19 de outubro – 10:00

RÍO EIFONSO (VIGO)

  • Sábado 30 de agosto – 10:00 e 10:30
  • Domingo 5 de outubro – 19:00 e 19:30
  • Domingo 12 de outubro – 10:00 e 10:30

PAZO DE LOURIZÁN (PONTEVEDRA)

  • Domingo 14 de setembro – 10:00 e 10:30
  • Sábado 27 de setembro – 10:00 e 10:30
  • Sábado 4 de outubro – 10:00 e 10:30
  • Domingo 19 de outubro – 10:30

Inscrición nas visitas

Todos os períodos de inscrición comezarán ás 9 h dos días sinalados para cada mes, momento no cal se habilitará un formulario a través do cal se poderán anotar a persoa solicitante e tres (3) acompañantes, é dicir, un máximo de catro (4) persoas por inscrición.

Este formulario pecharase no momento no que se reciban suficientes inscricións tanto para completar as prazas dispoñibles (15 primeiras persoas) coma para a lista de agarda (quen non acceda ás 15 primeiras pasará a formar parte da lista de agarda), sen que haxa posibilidade de realizar novas inscricións.

Ademais, non se aceptarán inscricións por outras vías (coma por correo electrónico ou teléfono).

Apertura do prazo de inscrición:

  • Actividades do mes de agosto: inscrición a partir das 9 h do 24 de xullo
  • Actividades do mes de setembro: inscrición a partir das 9 h do 25 de agosto
  • Actividades do mes de outubro: inscrición a partir das 9 h do 22 de setembro

Os baños de bosque

Os baños de bosque ou shinrin-yoku (técnica que xurdiu no Xapón nos anos 80) baséanse en diferentes programas de investigación de ámbito mundial cuxos resultados amosan efectos fisiolóxicos que favorecen a relaxación mental e física, son prácticas nas cales se estimulan os sentidos ao estar en contacto coa natureza, o que permite mellorar a saúde e aumentar a sensación de felicidade e calma.

É dicir, non se trata de rutas ao uso, senón que se pretende conectar coa natureza a través dos cinco sentidos desde un punto de vista terapéutico, sen deixar de lado o labor fundamental de protección dos bosques.

Hora

Consultar (Domingo)

Localización

Deputación de Pontevedra

Pontevedra

Está pasando!