‘Antes de Nós’ | Atalante Cinema

Proxección de 'Antes de Nós' en Pontevedra

mér08out19:30Proxección de 'Antes de Nós' en Pontevedracoa intervención especial de Cristina Iglesias19:30 Teatro Principal de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

A Concellaría de Promoción da Cidade proxecta o filme como complemento da exitosa programación dos premios Feroz 2025/2026 que se está a desenvolver na cidade.

Concello de Pontevedra, reafirmando o seu compromiso coa promoción da cultura e do cinema galego, proxecta en exclusiva a película ‘Antes de Nós’.

Este evento, enmarcado na programación da Concellaría de Promoción da Cidade, que xestiona Anabel Gulías e como complemento da programación dos Premios Feroz, celebrarase este mércores, 8 de outubro, ás 19:30 horas, no Teatro Principal. A apertura de portas será ás 18:30 horas.

A entrada será libre ata completar capacidade, sen necesidade de entradas, ofrecendo así a toda a cidadanía a oportunidade de gozar desta obra cinematográfica.

A xornada contará cunha proxección da película seguida dunha intervención especial da actriz protagonista, Cristina Iglesias, quen compartirá co público as súas experiencias e visións sobre o proxecto.

‘Antes de Nós’ é unha longametraxe de ficción dirixida por Ángeles Huerta que nos mergulla na vida de Castelao antes de converterse na figura pública, explorando a súa faceta máis íntima xunto a Virxinia.

A película tece dúas historias: a súa experiencia como médico en Rianxo durante a gripe española en 1918 e a viaxe da parella por Bretaña en 1929, poucos meses despois da perda do seu fillo.

É unha historia de separación e reencontro, de crecemento persoal e artístico, e da configuración da identidade galega a través dos ollos dos seus protagonistas.

Ángeles Huerta, directora da película, é coñecida polo seu documental “Esquece Monelos” (2017) e a súa premiada longametraxe de ficción ‘O corpo aberto’ (2022), que recibiu 12 Premios Mestre Mateo. ‘Antes de Nós’ é a súa terceira longametraxe.

O filme conta cun destacado elenco encabezado por Xoán Fórneas como Castelao e Cris Iglesias como Virxinia, ademais de Nancho Novo, Adrián Ríos, Miquel Ínsua, Sergio Zearreta, Xoel Fernández, entre outros.

Ademais desta proxección aberta ao público, o Concello programará outro pase pechado da película, destinado especificamente a institutos.

Hora

(Mércores) 19:30

Localización

Teatro Principal de Pontevedra

Rúa Paio Gómez Charino, 6, 36002 Pontevedra

Está pasando!