Proxección de ‘+Cuñados’ en Vilagarcía

mar30xul20:30Proxección de ‘+Cuñados’ en Vilagarcíaciclo de cine 'fantasio na rúa'20:30 Concello de Vilagarcía de Arousa - Vilagarcía de Arousa

Detalles do Evento

O programa ‘Fantasio na Rúa’ que organiza a Concellería de Xuventude de Vilagarcía de Arousa, chega á Praia da Covacha de Carril co filme ‘+Cuñados’, dirixido por Luis Avilés e protagonizado por Xosé A. Touriñán, Miguel de Lira e Federico Pérez Rey.

Como no resto do ciclo, as proxeccións de ‘Fantasio na Rúa’ son gratuítas, sobre unha pantalla led, que permitirá que na maioría dos casos se poidan exhibir a partir das oito e media da tarde, como continuación a unha probable xornada de praia ou outro tipo de ocio.

SINOPSE

Esta nova aventura dos cuñados arrinca coa aparición dun cadáver xusto no medio da ponte internacional de Tui. Este feito vén do ocorrido hai uns días… Chega o Entroido e a familia Ribeiro prepárase para gozar das festas favoritas de todo bo ourensán.

Pasaron dous anos desde a detención de Alicia Zamora e o seu socio portugués. Os cuñados montaron un posto de polbo en Ourense, a maneira perfecta para branquear o diñeiro do motín que caeu do ceo (literalmente). Entre unha cousa e outra, Modesto converteuse nun cuñado máis da familia.

A aparición en Ourense de Andreia Nunes (a parella do portugués detido) en busca de vinganza, complicará as cousas para os cuñados, meténdoos nun novo enredo que converterá este Entroido nun auténtico baile de máscaras


‘FANTASIO NA RÚA’

Durante un mes e con catorce cintas, o ciclo ‘Fantasio na Rúa’ levará o cine a todos os cascos urbanos, pero tamén aos barrios e parroquias e sempre o a aire libre. A xira comeza na noite do martes 16 de xullo nos xardíns de Ravella e concluirá o mércores 14 de agosto, en plenas festas de San Roque, con ‘Pinocho’, de Guillermo del Toro, en Cea.

A programación do ciclo ‘Fantasio na Rúa’ é a seguinte:

  • ‘Barbie’ | 16 de xullo | 22.00h | Praza de Ravella
  • ‘O Mostro Mariño’ | 17 de xullo | 20:30h | Os Duráns
  • ‘¡Vaya Vacaciones!’ | 24 de xullo | 22:00h | As Pistas
  • ‘¡Salta!’ | 25 de xullo | 22:00h | Vilaxoán
  • ‘Amigos hasta la muerte’ | 26 de xullo | 22:00h | Trabanca Badiña
  • ‘¡Canta 2!’ | 27 de xullo | 22:00h | Praia de Bamio
  • ‘Honeymoon’ | 28 de xullo | 20:30h | Rubiáns
  • +Cuñados’ | 30 de xullo | 20:30h | Praia de A Covacha de Carril
  • ‘O ascenso das Tartarugas Ninja’ | 1 de agosto | 20:30h | O Sixto
  • ‘Dragones y Mazmorras: Honor entre ladrones’ | 5 de agosto | 22:00h | Parque da Coca
  • ‘A elefanta do mago’ | 6 de agosto | 20:30h | Sobradelo
  • ‘O dragón de papá | 11 de agosto | 20:30h | Cornazo
  • ‘As Neves’ | 12 de agosto | 22:00h | Parque da Xunqueira
  • ‘Pinocho de Guillermo del Toro’ | 14 de agosto | 22:00h | Cea

Hora

(Martes) 20:30

Localización

Concello de Vilagarcía de Arousa

Está pasando!