Proxección de ‘Dragones y Mazmorras: Honor entre ladrones’ en Vilagarcía

lun05ago22:00Proxección de ‘Dragones y Mazmorras: Honor entre ladrones’ en Vilagarcíaciclo de cine 'fantasio na rúa'22:00 Concello de Vilagarcía de Arousa - Vilagarcía de Arousa

Detalles do Evento

O luns 5 de agosto ás 22:00 horas, o programa ‘Fantasio na Rúa’ que organiza a Concellería de Xuventude de Vilagarcía de Arousa, proxectará no Parque da Coca o filme estadounidense ‘Dragones y Mazmorras: Honor entre ladrones’, coescrita e dirixida por Jonathan Goldstein e John Francis Daley.

Como no resto do ciclo, as proxeccións de ‘Fantasio na Rúa’ son gratuítas, sobre unha pantalla led, que permitirá que na maioría dos casos se poidan exhibir a partir das oito e media da tarde, como continuación a unha probable xornada de praia ou outro tipo de ocio.

SINOPSE

Un ladrón e unha banda de aventureiros emprenden un atraco para recuperar unha reliquia perdida, pero as cousas non saen como esperaban cando se topan coas persoas equivocadas e desatan o maior mal que o mundo xamais coñeceu.

‘Dragones y Mazmorras: Honor entre ladrones’ lévanos ao máxico mundo do lendario xogo de rol á pantalla grande nunha aventura hilarante e chea de acción.​


‘FANTASIO NA RÚA’

Durante un mes e con catorce cintas, o ciclo ‘Fantasio na Rúa’ levará o cine a todos os cascos urbanos, pero tamén aos barrios e parroquias e sempre o a aire libre. A xira comeza na noite do martes 16 de xullo nos xardíns de Ravella e concluirá o mércores 14 de agosto, en plenas festas de San Roque, con ‘Pinocho’, de Guillermo del Toro, en Cea.

A programación do ciclo ‘Fantasio na Rúa’ é a seguinte:

  • ‘Barbie’ | 16 de xullo | 22.00h | Praza de Ravella
  • ‘O Mostro Mariño’ | 17 de xullo | 20:30h | Os Duráns
  • ‘¡Vaya Vacaciones!’ | 24 de xullo | 22:00h | As Pistas
  • ‘¡Salta!’ | 25 de xullo | 22:00h | Vilaxoán
  • ‘Amigos hasta la muerte’ | 26 de xullo | 22:00h | Trabanca Badiña
  • ‘¡Canta 2!’ | 27 de xullo | 22:00h | Praia de Bamio
  • ‘Honeymoon’ | 28 de xullo | 20:30h | Rubiáns
  • +Cuñados’ | 30 de xullo | 20:30h | Praia de A Covacha de Carril
  • ‘O ascenso das Tartarugas Ninja’ | 1 de agosto | 20:30h | O Sixto
  • ‘Dragones y Mazmorras: Honor entre ladrones’ | 5 de agosto | 22:00h | Parque da Coca
  • ‘A elefanta do mago’ | 6 de agosto | 20:30h | Sobradelo
  • ‘O dragón de papá | 11 de agosto | 20:30h | Cornazo
  • ‘As Neves’ | 12 de agosto | 22:00h | Parque da Xunqueira
  • ‘Pinocho de Guillermo del Toro’ | 14 de agosto | 22:00h | Cea

Hora

(Luns) 22:00

Localización

Concello de Vilagarcía de Arousa

Está pasando!