Proxección de 'Drive my car' en Vigo

xov23mai19:15xov20:45Proxección de 'Drive my car' en Vigo'NO CAMIÑO. PELÍCULAS DE ESTRADA, VIEIROS E HORIZONTES'19:15 - 20:45 MARCO - Vigo

Detalles do Evento

O salón de actos do MARCO acolle o xoves 23 de maio, a proxección do filme ‘Drive my car’ (Ryúsuke Hamaguchi, 2021), dentro da programación do curso ‘No camiño. Películas de estrada, vieiros e horizontes’.

A pesar de non ser capaz de recuperarse dun drama persoal, Yusuke Kafuku, actor e director de teatro, acepta montar a obra “Tío Vania” nun festival de Hiroshima. Alí, coñece a Misaki, unha nova reservada que lle asignaron como chofer.

A medida que pasan os traxectos, a sinceridade crecente das súas conversacións obrígalles a enfrontarse ao seu pasado.

‘NO CAMIÑO. PELÍCULAS DE ESTRADA, VIEIROS E HORIZONTES’

Este curso propón unha exploración de diversas paisaxes fílmicas a través do desprazamento dos corpos e da viaxe, tanto física como simbólica –se é que pode establecerse esa distinción. Dende o apoxeo do clasicismo nos anos trinta do século pasado ata os nosos días, ao longo de case cen anos de historia do cinema, e de filmes de moi diversos xéneros e países, buscaremos o horizonte por camiños e estradas, como tantos personaxes da historia do cinema –e da historia en xeral– fixeron antes. É, por suposto, a viaxe do heroe ou da heroína que alimenta os relatos da humanidade dende que sentamos por primeira vez ao redor dunha cacharela. É o impulso de partir en busca dun alí no que quizais agarde a marabilla. Porque, como di Dorothy, “se camiñamos o suficiente, algunha vez chegaremos a algunha parte”, e quizais non sexa o marabilloso mundo de Oz o que espere máis alá do arco da vella, pero sempre poderemos dicir iso tan recorrido de “Toto… creo que xa non estamos en Kansas” (ou en Cangas, que para o caso é o mesmo).

  • Organiza: MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo
  • Docente: José Manuel López
  • Total sesións: 23
  • Coa colaboración de: Fundación Banco Sabadell
  • Prazas limitadas. Inscrición e matrícula a partir do 15 de setembro
  • Prezo: 190€ (desconto 20% membros AAM e para estudantes, previa acreditación)
  • AVISO estudantes Universidade de Vigo: aprobada obtención 1,2 créditos ECTS por asistencia para alumnado da UVigo, cun 50% de desconto no prezo de matrícula

O programa, que se celebrará do 5 de outubro de 2023 ao 30 de maio de 2024, os xoves de 19:15 a 20:45 horas, é o seguinte:

  • Sesión 1 (xoves 5 outubro). ‘O mago de Oz’ (The Wizard of Oz’, Victor Fleming, 1939)
  • Sesión 2 (xoves 19 outubro). ‘O cabaleiro verde’ (The Green Knight’, David Lowery, 2021)
  • Sesión 3 (xoves 2 novembro). ‘Easy Rider’ (Dennis Hopper, 1969)
  • Sesión 4 (xoves 9 novembro). ‘Nomadland’ (Chloé Zhao, 2020)
  • Sesión 5 (xoves 23 novembro). ‘La Strada’ (Federico Fellini, 1954)
  • Sesión 6 (xoves 30 novembro). Relator convidado: Javier Trigales. ‘Malas tierras’ (‘Badlands’, Terrence Malick, 1973)
  • Sesión 7 (xoves 14 decembro). ‘A escapada (’11 sorpasso’, Dino Risi, 1962)
  • Sesión 8 (xoves 21 decembro). ‘Thelma & Louise’ (Ridley Scott, 1993)
  • Sesión 9 (xoves 11 xaneiro). ‘Chove sobre o meu corazón’ (‘The Rain People’, Francis Ford Coppola, 1969)
  • Sesión 10 (xoves 18 xaneiro). ‘Carga maldita’ (‘Sorcerer’, William Friedkin, 1977)
  • Sesión 11 (xoves 25 xaneiro). ‘Derzu Uzala (‘El cazador’, Akira Kurosawa, 1975)
  • Sesión 12 (xoves 1 febreiro). ‘Old Joy’ (Kelly Reichardt, 2006)
  • Sesión 13 (xoves 15 febreiro). ‘Onde está a casa do meu amigo?’ (Abbas Kiarostami, 1987)
  • Sesión 14 (xoves 29 febreiro). ‘Paisaxe na néboa’ (Theo Angelopoulos, 1988)
  • Sesión 15 (xoves 7 marzo). ‘Meu Idaho privado’ (‘My Own Private Idaho’, Gus Van Sant, 1991)
  • Sesión 16 (xoves 14 marzo). Sesión a cargo do relator convidado. Título por confirmar
  • Sesión 17 (xoves 21 marzo). ‘Happy Together’ (Wong Kar-wai, 1996)
  • Sesión 18 (xoves 4 abril). ‘Estraños no paraíso’ (‘Stranger than Paradise’, Jim Jarmusch, 1984)
  • Sesión 19 (xoves 18 abril). ‘A viaxe a ningunha parte’ (Fernando Fernán Gómez, 1987)
  • Sesión 20 (xoves 25 abril). ‘Hit the Road’ (Panah Panahi, 2021)
  • Sesión 21 (xoves 9 maio). ‘Lawrence de Arabia’ (David Lean, 1962)
  • Sesión 22 (xoves 23 maio). ‘Drive my Car’ (Ryúsuke Hamaguchi, 2021)
  • Sesión 23 (xoves 30 maio). ‘Unha historia verdadeira’ (‘The Straight Story’, David Lynch, 1999)

Hora

(Xoves) 19:15 - 20:45

Localización

MARCO

Rúa Príncipe, 54 36202 Vigo

Está pasando!