‘Eroski Paraíso’ | © Grupo Chévere

Proxección de 'Eroski Paraíso' en Bueu

ven24mai20:00Proxección de 'Eroski Paraíso' en BueuCiclo de Cinema Galego20:00 Centro Social do Mar - Bueu

Detalles do Evento

Neste mes de maio o Cineclub Bueu retoma o Ciclo de Cinema Galego para conmemorar as Letras Galegas combinando recentes estreas con títulos da última década. Ademais, as proxeccións contarán con membros do equipo dos filmes para que presenten a súa película e debatan co público.

As proxeccións serán os venres ás 21.00 horas no Centro Social do Mar. A carteleira deste ciclo de cinema en galego confórmana ‘O Corno’ (Jaione Camborda, 2023), ‘À procura da Estrela’ (Carlos Martínez-Peñalver, 2023), ‘Eroski Paraíso’ (Jorge Coira e Xesús Ron, 2019) e ‘A viaxe de Leslie’ (Marcos Nine, 2014).

A entrada terá un custe de 2 euros para os socios anuais do Cineclub Bueu e de 4 euros para os socios de sesión.



VENRES 24 DE MAIO | ‘EROSKI PARAÍSO’

O venres 24 de maio, o Centro Social do Mar acollerá a proxección de ‘Eroski Paraíso’, unha película dirixida por Jorge Coira e Xesús Ron con Patricia de Lorenzo, Miguel de Lira, Cristina Iglesias, Ana Santos e Federico Pérez, entre outros.

Álex, unha nova cineasta, quere filmar un documental sobre os seus pais, que se coñeceron en Muros na sala de festas Paraíso, en 1989. Ela tiña 19 anos, el 25. Como tantas outras familias, emigraron e andaron dando tumbos dun lado a outro, deixando que a vida decidise por eles.

Vinte e cinco anos despois, atopamos a Eva de volta en Muros coidando do seu pai e traballando no supermercado que abriron no mesmo local que ocupaba a sala de festas. Antonio segue en Canarias. Álex acaba de terminar un máster de cinema en Barcelona e viaxa ao seu pobo natal para facer o seu primeiro documental.

Unha película sobre os seus pais, sobre a distancia que as súas vidas abriron entre aquel paraíso e este supermercado, un retrato do desarraigamento vital de toda unha xeración.


Hora

(Venres) 20:00

Localización

Centro Social do Mar

Rúa de Montero Ríos, 36930 Bueu

Está pasando!