Proxección de 'Estraños no paraíso' en Vigo

xov04abr19:15xov20:45Proxección de 'Estraños no paraíso' en Vigo'NO CAMIÑO. PELÍCULAS DE ESTRADA, VIEIROS E HORIZONTES'19:15 - 20:45 MARCO - Vigo

Detalles do Evento

O salón de actos do MARCO acolle o xoves 4 de abril, a proxección da película ‘Estraños no paraíso’ (‘Stranger than Paradise’, Jim Jarmusch, 1984), dentro da programación do curso ‘No camiño. Películas de estrada, vieiros e horizontes’.

Dividida en tres capítulos, de forma peculiar á estrutura de nó, desenvolvemento e desenlace, ‘Estraños no paraíso’ cóntanos a historia de Willie, húngaro residente en Nova York, o seu amigo Eddie e a prima do primeiro, Eva, no novo mundo situado en Nova York, onde asistimos ao comezo da relación de protagonistas.

Un ano máis tarde, desenvolta en Cleveland, os personaxes destapan os seus desexos ocultos e no Paraíso, situada en Florida, asistimos a un orixinal desenlace desta curiosa road movie, cuxas secuencias de estrada son tan só o leit motiv desta hilarante historia.

‘NO CAMIÑO. PELÍCULAS DE ESTRADA, VIEIROS E HORIZONTES’

Este curso propón unha exploración de diversas paisaxes fílmicas a través do desprazamento dos corpos e da viaxe, tanto física como simbólica –se é que pode establecerse esa distinción. Dende o apoxeo do clasicismo nos anos trinta do século pasado ata os nosos días, ao longo de case cen anos de historia do cinema, e de filmes de moi diversos xéneros e países, buscaremos o horizonte por camiños e estradas, como tantos personaxes da historia do cinema –e da historia en xeral– fixeron antes. É, por suposto, a viaxe do heroe ou da heroína que alimenta os relatos da humanidade dende que sentamos por primeira vez ao redor dunha cacharela. É o impulso de partir en busca dun alí no que quizais agarde a marabilla. Porque, como di Dorothy, “se camiñamos o suficiente, algunha vez chegaremos a algunha parte”, e quizais non sexa o marabilloso mundo de Oz o que espere máis alá do arco da vella, pero sempre poderemos dicir iso tan recorrido de “Toto… creo que xa non estamos en Kansas” (ou en Cangas, que para o caso é o mesmo).

  • Organiza: MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo
  • Docente: José Manuel López
  • Total sesións: 23
  • Coa colaboración de: Fundación Banco Sabadell
  • Prazas limitadas. Inscrición e matrícula a partir do 15 de setembro
  • Prezo: 190€ (desconto 20% membros AAM e para estudantes, previa acreditación)
  • AVISO estudantes Universidade de Vigo: aprobada obtención 1,2 créditos ECTS por asistencia para alumnado da UVigo, cun 50% de desconto no prezo de matrícula

O programa, que se celebrará do 5 de outubro de 2023 ao 30 de maio de 2024, os xoves de 19:15 a 20:45 horas, é o seguinte:

  • Sesión 1 (xoves 5 outubro). ‘O mago de Oz’ (The Wizard of Oz’, Victor Fleming, 1939)
  • Sesión 2 (xoves 19 outubro). ‘O cabaleiro verde’ (The Green Knight’, David Lowery, 2021)
  • Sesión 3 (xoves 2 novembro). ‘Easy Rider’ (Dennis Hopper, 1969)
  • Sesión 4 (xoves 9 novembro). ‘Nomadland’ (Chloé Zhao, 2020)
  • Sesión 5 (xoves 23 novembro). ‘La Strada’ (Federico Fellini, 1954)
  • Sesión 6 (xoves 30 novembro). Relator convidado: Javier Trigales. ‘Malas tierras’ (‘Badlands’, Terrence Malick, 1973)
  • Sesión 7 (xoves 14 decembro). ‘A escapada (’11 sorpasso’, Dino Risi, 1962)
  • Sesión 8 (xoves 21 decembro). ‘Thelma & Louise’ (Ridley Scott, 1993)
  • Sesión 9 (xoves 11 xaneiro). ‘Chove sobre o meu corazón’ (‘The Rain People’, Francis Ford Coppola, 1969)
  • Sesión 10 (xoves 18 xaneiro). ‘Carga maldita’ (‘Sorcerer’, William Friedkin, 1977)
  • Sesión 11 (xoves 25 xaneiro). ‘Derzu Uzala (‘El cazador’, Akira Kurosawa, 1975)
  • Sesión 12 (xoves 1 febreiro). ‘Old Joy’ (Kelly Reichardt, 2006)
  • Sesión 13 (xoves 15 febreiro). ‘Onde está a casa do meu amigo?’ (Abbas Kiarostami, 1987)
  • Sesión 14 (xoves 29 febreiro). ‘Paisaxe na néboa’ (Theo Angelopoulos, 1988)
  • Sesión 15 (xoves 7 marzo). ‘Meu Idaho privado’ (‘My Own Private Idaho’, Gus Van Sant, 1991)
  • Sesión 16 (xoves 14 marzo). Sesión a cargo do relator convidado. Título por confirmar
  • Sesión 17 (xoves 21 marzo). ‘Happy Together’ (Wong Kar-wai, 1996)
  • Sesión 18 (xoves 4 abril). ‘Estraños no paraíso’ (‘Stranger than Paradise’, Jim Jarmusch, 1984)
  • Sesión 19 (xoves 18 abril). ‘A viaxe a ningunha parte’ (Fernando Fernán Gómez, 1987)
  • Sesión 20 (xoves 25 abril). ‘Hit the Road’ (Panah Panahi, 2021)
  • Sesión 21 (xoves 9 maio). ‘Lawrence de Arabia’ (David Lean, 1962)
  • Sesión 22 (xoves 23 maio). ‘Drive my Car’ (Ryúsuke Hamaguchi, 2021)
  • Sesión 23 (xoves 30 maio). ‘Unha historia verdadeira’ (‘The Straight Story’, David Lynch, 1999)

Hora

(Xoves) 19:15 - 20:45

Localización

MARCO

Rúa Príncipe, 54 36202 Vigo

Está pasando!