Imaxe do filme ‘Función de noche’

Proxección de ‘Función de noche’ en Pontevedra

xov20nov18:00Proxección de ‘Función de noche’ en PontevedraCiclo de Cinema Pioneiras18:00 Teatro Principal de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

Por segundo ano consecutivo, os Premios Feroz prepararon para novembro unha serie de actividades con marcado carácter feminista para achegar aos pontevedreses algunhas figuras e oficios esenciais no sector audiovisual, pero que non sempre teñen visibilidade para o gran público.

O mes comezará co ciclo de cinema ‘Pioneiras: películas e coloquios con mulleres crave na cinematografía’. Unha forma de recoñecer ás directoras, guionistas e produtoras que abriron camiño, que son un referente para as que chegaron despois. Unha charla na que comentar, entre outros temas, as dificultades desas rodaxes e como era o sector cinematográfico nesa época e como ven a evolución da figura da muller na industria nos últimos tempos.

O xoves 20 proxéctase ‘Función de noche’ de Josefina Molina, que levou a autoficción a outro nivel con este documental tan especial.

A xornalista Concha Barral compartirá algunhas curiosidades das grandes divas do celuloide xunto a Belén López (Diario de Pontevedra).

Todas as proxeccións serán no Teatro Principal ás 18.00 horas.

A entrada é de balde. Podes retirar as túas entradas na oficina de Turismo da Praza de España desde 7 días antes de cada actividade e ata completar capacidade. Máximo 4 entradas por persoa.

Hora

(Xoves) 18:00

Localización

Teatro Principal de Pontevedra

Rúa Paio Gómez Charino, 6, 36002 Pontevedra

Está pasando!