Proxección de 'Lluc, una crónica de la pastelería' en Pontevedra

mér18mar20:00Proxección de 'Lluc, una crónica de la pastelería' en PontevedraCiclo de Cine Gastronómico20:00 Mercado Municipal de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

O Mercado de Abastos de Pontevedra acolle a proxección do filme documental ‘Lluc, una crónica de la pastelería’ (Jordi Torra, España, 2025, 96′), dentro do Ciclo de Cine Gastronómico organizado polo Concello de Pontevedra.

Será o mércores 18 de marzo, ás 20:00 horas, enmarcado no proxecto Pontevedra Capital Gastro, unha iniciativa financiada polos fondos NextGenerationEU a través do Plan de Sostenibilidade Turística en Destino (PSTD), que busca converter o Mercado no “epicentro da cultura gastronómica” da cidade e nun punto de referencia tanto para a veciñanza como para os visitantes.

As proxeccións do Ciclo de Cine Gastronómico son os mércores ás 20:00 horas, con entrada libre ata completar cabida.

Antes da proxección celebrarase un coloquio previo para falar sobre o contexto da película, a súa relación coa gastronomía e algunhas claves que nos axudarán a desfrutala aínda máis.

E como sempre, ao longo da sesión poderedes gozar dunha degustación gratuíta (máximo unha por persoa ata fin de existencias) inspirada na película.

Hora

(Mércores) 20:00

Localización

Mercado Municipal de Pontevedra

Rúa Serra, 5 - 36002 Pontevedra

Está pasando!