Proxección de 'O baño do diabo' en Pontevedra

mar25feb20:30Proxección de 'O baño do diabo' en PontevedraCINECLUBE PONTEVEDRA20:30 Teatro Principal de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

O martes 25 de febreiro, ás 20:30 horas no Teatro Principal de Pontevedra, proxectarase o filme ‘O baño do diabo’ (‘Des Teufels Bad’, Severin Fiala & Veronika Franz, 2024, Austria, 121 min., VOSE), nunha nova sesión organizada polo Cineclube Pontevedra.

Lingua orixinal: alemán / Non recomendada para menores de 18 anos.

Na lingua vernácula do século XVIII dicíase que as persoas melancólicas estaban atrapadas no “baño do diabo”. Este baño do diabo refírese a un fenómeno que continúa a ser un tabú social e un gran problema hoxe en día: a depresión.

Austria, século XVIII. No alto dun outeiro, unha muller foi executada e exposta á vista de todos tras matar o seu bebé. No lugar vive Agnes, unha moza relixiosa e moi sensible que casa co seu amado Wolf e se prepara candidamente para a vida matrimonial. Mais axiña a súa cabeza e o seu corazón comezan a sentírense pesados e día tras día Agnes vese cada vez máis atrapada nun camiño turbio e solitario.

Oso de Prata no Festival de Berlín 2024

Mellor Filme en Sitges 2024



O cineclube retoma en febreiro as sesións en colaboración coa Filmoteca de Galicia con dous títulos esenciais de Yasujiro Ozu, rodados en cor na década dos cincuenta, que se proxectarán os luns 3 e 17.

Pola súa banda, as sesións dos martes ofrecerán títulos de actualidade, entre os que destaca o Oscar á mellor longametraxe de animación do 2023: ‘O rapaz e a garza’, do mestre xaponés Hayao Miyazaki.

Proxectarase tamén a surrealista homenaxe do francés Quentin Dupieux a Salvador Dalí, o radicalísimo último traballo do romanés Radu Jude (premio especial do xurado en Locarno 2023) e a gañadora do Oso de Prata en Berlín e mellor filme en Sitges 2024: a austríaca ‘O baño do diabo’, de Severin Fiala & Veronika Franz.

As cotas para asociarse ao Cineclube mantéñense en 70 euros anuais, 25 trimestrais ou 3 euros por pases soltos. Tanto as cotas anuais coma as trimestrais permiten o acceso de balde a todas as proxeccións que se realicen mentres estiveren vixente.

As persoas que desexen asociarse ao cineclube poden facelo calquera día en que haxa proxección ou ben a través do blog da asociación.

Hora

(Martes) 20:30

Localización

Teatro Principal de Pontevedra

Rúa Paio Gómez Charino, 6, 36002 Pontevedra

Está pasando!