Proxección de 'Os malditos' en Pontevedra

mar11nov20:30Proxección de 'Os malditos' en PontevedraCineclube Pontevedra20:30 Teatro Principal de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

O martes 11 de novembro, o Cineclube Pontevedra proxectará o filme ‘Os malditos’ (Roberto Minervini, EE UU, 2024, 88′, VOSE, Lingua orixinal: inglés).

Será como sempre, ás 20:30 horas no Teatro Principal de Pontevedra.

Inverno de 1862. En plena Guerra de Secesión, o exército estadounidense envía unha compañía de soldados voluntarios aos territorios do oeste, coa misión de patrullar as inexploradas terras fronteirizas. A medida que a súa misión muda de rumbo, o significado do seu compromiso comeza a escapárselles.

O reputado documentalista Roberto Minervini debuta no eido da ficción cun wéstern despoxado de épica que volve a mirada ao pasado estadounidense para abordar un dos seus fitos fundacionais. Foi merecedor do premio á Mellor Dirección na sección Un Certain Regard do Festival de Cannes 2024.

O Cineclube Pontevedra comeza a programación do mes de novembro coa proxección en copia restaurada dun dos máis belos filmes que deu o cinema: ‘A quimera do ouro’, de Charles Chaplin, no ano en que se celebra o centenario da súa estrea en Hollywood. Esta sesión, que terá lugar o luns 3 de novembro, realízase en colaboración coa Filmoteca de Galicia.

Os martes do mes, pola súa banda, estarán dedicados á exhibición de tres filmes estreados en salas durante este ano: a ópera prima do director arxentino Federico Luis, a primeira incursión na ficción do reputado documentalista Roberto Minervini e o último traballo do mestre chinés Jia Zhangke.

Cineclube Pontevedra é unha asociación sen ánimo de lucro cuxo funcionamento e financiamento depende fundamentalmente das achegas económicas que realizan periodicamente as súas socias e socios, cara a quen están dirixidas as súas actividades.

Podes escoller a opción que máis se adapte ás túas preferencias: 70 euros anuais, 25 trimestrais ou 3 euros por pases soltos.

As persoas que desexen asociarse poden facelo calquera día en que haxa proxección ou ben a través do blog da asociación.

Hora

(Martes) 20:30

Localización

Teatro Principal de Pontevedra

Rúa Paio Gómez Charino, 6, 36002 Pontevedra

Está pasando!