Proxección de 'Rondallas' en Pontevedra

mér25mar16:00mér19:30Proxección de 'Rondallas' en PontevedraXV Máster Class Audiovisual Galego Augal16:00 - 19:30 Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación - Pontevedra

Detalles do Evento

A Aula de Cine da Facultade de Comunicación acolle unha nova sesión da XV Máster Class Audiovisual Galego Augal, que este centro promove co patrocinio da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) e da Deputación de Pontevedra.

A sesión do mércores 18 de marzo estará dedicada ao filme ‘Rondallas’. A súa proxección verase complementada por un coloquio co seu director, Daniel Sánchez Arévalo.

Dirixido a entidades colaboradoras, estudantes, medios, PAS, PDI e público externo.

Entrada de balde, non é necesaria reserva.

Sinopse:

Dous anos despois do tráxico naufraxio dun barco pesqueiro que sacudiu a un pequeno pobo mariñeiro galego, os habitantes do pobo deciden que xa é hora de recuperar a ilusión e deixar o loito atrás.

Por iso volven unirse para poñer en marcha a rondalla, unha agrupación de música tradicional na que participan desde nenos ata anciáns, coa intención de competir nun concurso contra os pobos veciños, pero sobre todo de empezar a mirar cara adiante de novo.

(FILMAFFINITY)

Hora

(Mércores) 16:00 - 19:30

Localización

Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación

Campus Universitario da Xunqueira, s/n 36005 Pontevedra

Está pasando!