Proxección de 'The Old Oak' en Pontevedra

mér03set21:00Proxección de 'The Old Oak' en Pontevedramostra de cine euroárabe amal en ruta21:00 Teatro Principal de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

A mostra de cine euroárabe AMAL en Ruta Pontevedra 2025, organizada pola Fundación Araguaney Puente de Culturas e o Concello de Pontevedra co obxecto de achegar a sociedade árabe a Galicia, rompendo cos estereotipos e ofrecendo unha visión ampla e multidimensional desta cultura tan heteroxénea.

O ciclo leva a Pontevedra un resumo da última edición da Semana de Cine Euroárabe Amal, celebrada no Teatro Principal de Santiago de Compostela o pasado mes de outubro. Consta de catro ficcións e un documental –cintas en versión orixinal subtituladas en castelán–, que supoñen un percorrido polo mellor cine árabe da actualidade.

Poderanse ver do 1 ao 4 de setembro no Teatro Principal (rúa Paio Gómez Charino, 6). O acceso ás proxeccións é libre e gratuíto ata completar o aforo da sala.

Nesta edición, AMAL en Ruta aborda principalmente temas sobre a identidade, a resistencia cultural e as realidades sociais dos países árabes. Baixo o lema “Existir é resistir”, a programación céntrase na resistencia do pobo palestino e noutras historias de resiliencia en contextos de conflito e migración. Os filmes abordan temáticas como a situación de ocupación e conflito en Palestina, os dereitos da muller en Xordania ou a chegada de refuxiados a Europa.

A primeira sesión será o luns, 1 de setembro, coa película “The Teacher” ás 21:00 horas; o martes, 2 de setembro, proxectarase a ficción “Inshallah Walad” ás 21:00 horas; o mércores, 3 de setembro, será a quenda para a película “The Old Oak” ás 21:00 horas; e o xoves, 4 de setembro, a xornada contará cunha dobre sesión, ás 18:30 horas o documental “Bye Bye Tiberias” e ás 21:00 horas a ficción “To a Land Unknown”; todas elas producións de gran recoñecemento en festivais cinematográficos internacionais.

Hora

(Mércores) 21:00

Localización

Teatro Principal de Pontevedra

Rúa Paio Gómez Charino, 6, 36002 Pontevedra

Está pasando!