‘Una quinta portuguesa’ | Filmax

Proxección de 'Una quinta portuguesa' en Vilagarcía

ven17out20:30Proxección de 'Una quinta portuguesa' en Vilagarcíacine clube ádega20:30 Salón García - Vilagarcía de Arousa

Detalles do Evento

A segunda parada da programación de outubro do Cine Clube Ádega será o venres 17, onde viaxaremos ao noroeste portugués cun filme español recén estreado: ‘Una quinta portuguesa’ (2025), escrito e dirixido por Avelina Prat.

Un profesor de xeografía devastado pola desaparición da súa muller decide por rumbo a Portugal, e alí suplantar a identidade doutra persoa para quedar de xardiñeiro dunha quinta portuguesa e vivir unha vida que non lle pertence.

Apertura de portas ás 20:30 horas.

Entrada de balde para socios/as, 4 euros para non socios/as e 2,50 euros para desempregados e carné xove.

Hora

(Venres) 20:30

Localización

Salón García

Rúa do Alcalde Rey Daviña, 36600 Vilagarcía de Arousa

Está pasando!