Proxección de 'Unha noite sen saber nada' en Pontevedra

lun22set20:30Proxección de 'Unha noite sen saber nada' en PontevedraCineclube Pontevedra20:30 Teatro Principal de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

En colaboración coa Filmoteca de Galicia, o Cineclube Pontevedra retoma os luns de filmoteca coa proxección do filme ‘Unha noite sen saber nada’ (‘A Night of Knowing Nothing’, Payal Kapadia, 2021, 99 min., VOSE, lingua orixinal: hindi, bengalí e inglés).

Será o luns 22 de setembro, como sempre, ás 20:30 horas no Teatro Principal de Pontevedra.

Unha estudante de cinema atopa un feixe de cartas esquecido no Instituto de Cine e Televisión da India. A través delas flúe unha hipnótica historia de amor truncada polo un implacable sistema de castas indio. As cartas entrelázanse con gravacións que dan conta da efervescencia social e política que rodea as protestas estudantís de 2015 en Pune, India, fronte a un sistema corrupto, inxusto e represivo.

Un relato híbrido cheo de soños, paixón e revolta, no que ecoan, entre outros, Marker ou Pasolini.

Primeira longametraxe da directora india Payal Kapadia (‘A luz que imaxinamos’), galardoada en 2021 co prestixioso Oeil d’Or ao Mellor Documental na Quincena de Realizadores do Festival de Cannes e que conseguiu galardóns en Mar del Plata e Toronto.



No mes de setembro volve o curso cineclubeiro, desta volta con tres divertidísimas comedias pasadas por auga e asinadas por Nanni Moretti, Howard Hawks e Takeshi Kitano. Poderemos velas os martes 16, 23 e 30.

Ademais, retómanse os luns de filmoteca, en colaboración coa Filmoteca de Galicia, coa proxección da primeira longametraxe da directora india Payal Kapadia, que se proxectará o luns 22.

Todas as sesións terán lugar ás 20:30 horas no Teatro Principal de Pontevedra.



Cineclube Pontevedra é unha asociación sen ánimo de lucro cuxo funcionamento e financiamento depende fundamentalmente das achegas económicas que realizan periodicamente as súas socias e socios, cara a quen están dirixidas as súas actividades.

Podes escoller a opción que máis se adapte ás túas preferencias: 70 euros anuais, 25 trimestrais ou 3 euros por pases soltos.

As persoas que desexen asociarse poden facelo calquera día en que haxa proxección ou ben a través do blog da asociación.

Hora

(Luns) 20:30

Localización

Teatro Principal de Pontevedra

Rúa Paio Gómez Charino, 6, 36002 Pontevedra

Está pasando!