Proxección de 'Bridget Jones: Loca por él' en Salvaterra

sáb14feb22:00Proxección de 'Bridget Jones: Loca por él' en SalvaterraCiclo Cine de Inverno 202622:00 Casa da Cultura de Salvaterra - Salvaterra de Miño

Detalles do Evento

Dentro do Ciclo Cine de Inverno, a Casa da Cultura de Salvaterra de Miño acolle o sábado 14 de febreiro a proxección de ‘Bridget Jones: Loca por él’ (Michael Morris, 2025, Reino Unido, 126′).

Bridget está soa despois de enviudar fai catro anos, cando Mark morreu durante unha misión humanitaria en Sudán. É a nai de Billy, de nove anos, e de Mabel, de catro, e atópase nunha especie de limbo emocional mentres coida aos nenos coa axuda dos seus mellores amigos e dun antigo amante, Daniel Cleaver.

Presionada pola súa familia urbana, composta por Shazzer, Jude e Tom, a súa compañeira de traballo, Miranda, a súa nai e a súa xinecóloga, a Dra. Rawlings, sente obrigada a interesarse pola vida e o amor. Traballa de novo e mesmo proba cunha app de citas, a través da cal coñece a un soñador bastante máis novo que ela.

Muller traballadora, ama de casa, nai e namorada (a medias), Bridget enfróntase ao axuizamento das nais perfectas no colexio, preocúpase por Billy, que non acaba de afacerse a non ter un pai, e mantén unha estraña relación co moi racional profesor de Ciencias do seu fillo.

CICLO CINE DE INVERNO 2026

Do 7 de febreiro ao 1 de marzo o público poderá gozar dunha nova oferta cinematográfica para pasar as noites do sábado e as tardes do domingo.

Os sábados ás 22:00 horas serán películas para o público adulto mentres que os domingos ás 17:30 horas estarán dirixidas ao público infantil. 

Como en anteriores edicións o ciclo totalmente gratuíto inclúe a proxección de películas de estrea na Casa da Cultura de Salvaterra.

Aquí está a programación completa do ciclo:

SÁB/07/FEB

  • 22:00 h. ‘Cónclave’ (Edward Berger, 2024, Reino Unido)

DOM/08/FEB

  • 17:30 h. ‘Robot Salvaje’ (Chris Sanders, 2024, Estados Unidos)

SÁB/14/FEB

  • 22:00 h. ‘Bridget Jones: Loca por él’ (Michael Morris, 2025, Reino Unido)

DOM/15/FEB

  • 17:30 h. ‘Sónic 3’ (Jeff Fowler, 2024, Estados Unidos)

DOM/22/FEB

  • 17:30 h. ‘Flow, un mundo que salvar’ (Gints Zilbalodis, 2024, Letonia)

SÁB/28/FEB

  • 22:00 h. ‘¿Es el enemigo? La película de Gila’ (Alexis Morante, 2024, España)

DOM/01/MAR

  • 17:30 h. ‘Mufasa: el Rey León’ (Barry Jenkins, 2024, Estados Unidos)

Hora

(Sábado) 22:00

Localización

Casa da Cultura de Salvaterra

Rúa Raíña Dona Urraca, 12 - 36450 Salvaterra de Miño

Está pasando!