Ciclo de concertos 'Resoan' en Pontevedra

sáb27xanConsultardom12maiCiclo de concertos 'Resoan' en PontevedraTeatro Principal e Pazo da Cultura(Consultar) Concello de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

O Concello de Pontevedra unifica a programación musical en interiores baixo o paraugas de ‘Resoan’ substituíndo e englobando os ciclos ‘Voices’ e ‘Matinés’ e apostando polo horario de tarde-noite.

O Teatro Principal acollerá os concertos de Albert Plá & Diego Cortés (24 de febreiro) e Guadi Galego (13 de abril), mentres que Morgan (27 de xaneiro) e Mahmood (12 de maio) farano no Auditorio do Pazo da Cultura de Pontevedra.


MORGAN

Morgan achegará ‘The river tour’ o sábado 27 de xaneiro ás 20.30 horas no Pazo da Cultura de Pontevedra.

Morgan esta de fin de xira ‘The River Tour’, o seu terceiro traballo de estudo titulado ‘The River and the Stone’. O último álbum de estudo de Morgan é un conxunto de dez cancións nas que empezaron a traballar tras o confinamento en 2020.

‘The River and the Stone’ é o resultado de moitas conversacións, moitas horas de creación conxunta e, sobre todo, de gozar de facer música con amigos. Tras case un ano de traballo viaxaron a Francia, ao estudo Le Manoir de Léon, xunto a Campi Campón na produción. Está mesturado por Stuart White (Beyoncé, Autolux) en Los Ángeles e masterizado por Colin Leonard (SING Mastering) en Atlanta, GA.

En outubro de 2020 preséntase ‘The River and the Stone’. Este é o terceiro traballo de estudo da banda. Máis dun ano despois da publicación do seu último disco, a banda ofreceu máis de 70 concertos en salas, teatros e festivais, ademais de acompañar a Fito & Fitipaldis como artista convidado na xira de grandes recintos durante a primavera-verán de 2022.

Morgan comezou 2023 co éxito do primeiro concerto propio no WiZink Center de Madrid (21 de xaneiro de 2023) e continúa o ano coa presentación en directo do seu disco polos teatros, salas e festivais máis relevantes do país.

Entradas anticipadas á venda dende 14 euros en Ataquilla.com


Albert Plá e Diego Cortés actuarán o sábado 24 de febreiro ás 20:00 horas no Teatro Principal de Pontevedra. 

Músico, cantante, actor, escritor, pallaso, bufón… Pla é un deses exemplares únicos na súa especie cunha capacidade perpetua para conmover, remover e sorprender. A ninguén deixa indiferente

En está ocasión conta coa complicidade do sorprendente e xenial guitarrista xitano Diego Cortés, coa súa presenza, ten as mans libres e o corpo desatado para converter calquera platea nun escenario onde teatralizar as súas cancións e conseguir un espectáculo dunha poética inusual devastadora e electrizante.

Cancións que contan historias tráxicas e delirantes, cotiás e sorpredentes, delicadas e brutais, crúas e surreales nas cuales o verdugo é tamén vítima, a calma transfórmase en tormenta, a comedia convive coa traxedia e a serenidade desemboca no desenfreo. Todo para facer evidente a estreita liña que separa o ben do mal, o branco do negro, o positivo e o negativo.

Diego Cortés, é o incrible Hulk do flamenco, compartiu escenario con Mike Oldfield, Santana, Larry Coryell e Paco de Lucía entre outros.

Entradas anticipadas á venda dende 12 euros en Ataquilla.com


GUADI GALEGO

Guadi Galego con ‘Síntese horizonte’ pechara o ciclo ‘Resoan’ o 13 de abril ás 20:00 horas no Teatro Principal. Un espectáculo que só levará ás taboas de 3 escenarios galegos exclusivamente.

Logo da ‘Roibén’ (2022) e dunha simbólica ausencia nos escenarios do país, Guadi Galego segue a atravesar etapas e dá paso a novos horizontes, sen esquecer que a vida existiu e persiste nela. Se o pasado mes de setembro presentaba ‘O.D.A’, toda unha declaración de intencións sobre o concepto da madurez e a aceptación da vida, de cara ao inicio do 2024 regresa con ‘Síntese Horizonte’, unha aposta da propia Guadi Galego pola evolución do seu son, pois con cada disco, e con cada espectáculo, foi aprendendo a desaprender do establecido.

En ‘Síntese Horizonte’, Guadi Galego reivindica a firme crenza do poder transformador da música ao vivo. Por iso, para estes tres primeiros exclusivos directos, a artista acompañarase dunha portentosa banda conformada por grandes artistas do país, reunida especialmente para a ocasión. É o caso de Guillerme Fernández (guitarra acústica eléctrica e sintetizada), Rubén Iglesias (baixo e sintetizadores), Isaac Palacín (batería e percursión), Álex Fernández (teclados) e dun coro conformado por Paula Romero, Faia Díaz, Inés Salvado e Rocío Giménez.

A produción de ‘Síntese Horizonte’ destaca, tamén, tanto pola súa coidada iluminación (baixo a dirección e o deseño de Laura Iturralde e José Faro, de NONONON.LAB) como pola súa posta en escena (de Marina Oural e Ugía Pedreira -Oficina Galega de Outros Asuntos do Movemento), froito do traballo en común que as artistas desenvolven, desde hai meses, con Guadi Galego baixo a premisa de ofrecer ao público unha experiencia musical única e transformadora.

Entradas anticipadas á venda dende 13 euros en Ataquilla.com


MAHMOOH

O artista internacional, Mahmood, coñecido pola súa actuación de Eurovisión en 2019 coa que acadou unha segunda posición que lle serviu como trampolín para impulsar a súa carreira en Europa, acaba de anunciar a súa xira europea que recala no Pazo da Cultura o domingo 12 de maio ás 20.30 horas.

O gañador de San Remo 2022 anunciou dezaseis datas en principais cidades de dez países, destacando Pontevedra coma unha das catro citas programadas na península.

Mahmood, un dos referentes da música actual en Italia, non para de cultivar éxitos tralos excelentes resultados obtidos con “Gioventù Bruciata” (disco de platino) e o éxito mundial de “Soldi” (4 certificacións de platino) co que gañou o Festival de Sanremo en 2019. Mahmood volveu a alcanzar o Top 10 das listas en 2020 con “Rapide” e “Dorado”, incluidos no seu último álbum “Ghettolimpo”, que tamén contén os singles “Inuyasha” e “Klan”.

Mahmood ten hoxe 29 discos de platino e 7 de ouro en Italia, 6 discos de platino e 3 de ouro no estranxeiro.

Entradas anticipadas á venda dende 30 euros en Ataquilla.com


Hora

Xaneiro 27 (Sábado) - Maio 12 (Domingo)

Localización

Concello de Pontevedra

Está pasando!