This is a repeating event

Roteiro 'Mañá será outro día' en Pontevedra

sáb15novConsultarRoteiro 'Mañá será outro día' en Pontevedra'Paseo sobre a literatura e o exilio en Pontevedra'(Consultar: sábado) Cidade de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

Dentro do proxecto ‘Pontevedra (d)escrita’, en novembro chega o roteiro ‘Mañá será outro día. Paseo sobre a literatura e o exilio en Pontevedra’.

Este paseo, destinado a persoas maiores de 16 anos, ofrece unha visión global sobre a relación entre a literatura, o exilio e Pontevedra.

Como Castelao desde Buenos Aires, pousaremos o noso pensamento na cidade e visitaremos oito espazos, deixando marxe á esperanza, como el mesmo fai coa frase con que pecha ‘Sempre en Galiza’: Mañán será outro día. E é que, a pesar das atrocidades sufridas, o exilio non calou e a literatura foi unha das súas ferramentas máis poderosas.

Aparecerán no noso camiño nomes como os de Xosé Sesto, Ramón de Valenzuela, Josefina Arruti, Osorio-Tafall ou Paz-Andrade.

Con deseño e guía dos paseos da man de Maos Innovación Social, S. Coop. Galega, as inscricións para asistir o sábado 15 ás 16.30 horas ou o sábado 22 ás 12.00 ou 17.00 horas están abertas en apuntate.pontevedra.gal con 30 prazas dispoñibles por quenda.

Hora

Consultar (Sábado)

Localización

Cidade de Pontevedra

Está pasando!