Roteiro teatralizado e musicalizado ‘Castelao en Salcedo

dom08xuñ18:00dom21:00Roteiro teatralizado e musicalizado ‘Castelao en SalcedoAsociación Veciñal Salcedo Norte18:00 - 21:00 Centro Sur Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

Este ano a Asociación Veciñal Salcedo Norte participa no Ano Castelao, impulsado polo Concello de Pontevedra, co roteiro teatralizado e musicalizado ‘Castelao en Salcedo’.

Como cada ano, esta Asociación convida á cidadanía a camiñar con eles por Salcedo, entre música ao vivo, representacións teatrais, lendas populares, anacos de historia e descubrimentos sorprendentes. Un roteiro cheo de vida e memoria que deixará aos participantes con ganas de máis.

saída será as 18:00 horas dende a Praza de San Xosé e o remate esta marcado no Centro Sur.

Son 8 quilómetros de percorrido que se completarán en 3 horas. Dificultade media.

A actividade é libre e gratuíta.

Recomendacións: Traede calzado cómodo e axeitado, temos zonas de monte, e se fai calor, auga e protección solar.

Hora

(Domingo) 18:00 - 21:00

Localización

Centro Sur Pontevedra

Rúa Luis Braille, 40 - 36143 Pontevedra

Está pasando!