Estatua de O Fisgón, Moaña | © Atlantis Comunicación

Rutas guiadas no Morrazo para Outono de 2024

sáb21setConsultarsáb07decRutas guiadas no Morrazo para Outono de 2024Rutas guiadas gratuítas en Moaña e Cangas(Consultar) Concellos de Moaña e Cangas do Morrazo - Moaña e Cangas do Morrazo

Detalles do Evento

Unha vez máis a Asociación de Animación Sociocultural e Turística A Illa dos Ratos propón unha maneira amena e didáctica de coñecer o noso entorno a través das nosas rutas guiadas no Morrazo para o Outono de 2024, unha alternativa de ocio para compartir o tempo de lecer en boa compañía.

Nesta ocasión presentan ‘Descubre Moaña no outono 2024’, un proxecto de 10 rutas no que A Illa dos Ratos volve a colaborar co Concello de Moaña e ‘Outono en ruta 2024’ que estará composto por 11 rutas en diferentes localizacións de Cangas.

Coma sempre, estas rutas son totalmente gratuítas pero ao finalizar os percorridos, os/as guías ofrecerán aos asistentes a posibilidade de facer unha colaboración simbólica e voluntaria a favor da asociación que empregarán para a realización doutros proxectos.



En ‘Descubre Moaña no outono 2024’ coñeceremos as historias que agochan algúns dos lugares máis emblemáticos de Moaña.

Neste programa descubriremos xuntos a historia dalgúns dos lugares máis interesantes da vila moañesa a través de nove percorridos diferentes:



‘Outono en ruta 2024’ será o programa de rutas que se farán en Cangas con dez percorridos diferentes
Para Cangas deseñouse un programa moi completo que constará de once rutas, entre as que se estreará ‘Personaxes de Cangas II’, unha ruta moi interesante na que recordaremos algunhas das persoas máis importantes da historia do pobo.

As rutas que se levarán a cabo nesta ocasión serán:

Se estades interesados en asistir teredes que darvos moita présa porque as prazas son limitadas e a demanda moi elevada.

Os interesados deben inscribirse previamente por whatsapp no 611 08 08 53 indicando un nome completo para a reserva e o número de persoas que desexan asistir.

Nun principio haberá un límite de 30 prazas por ruta e unha vez sexan completadas, habilitaremos as correspondentes listas de espera que xestionaremos de forma activa.

Hora

Setembro 21 (Sábado) - Decembro 7 (Sábado)

Localización

Concellos de Moaña e Cangas do Morrazo

Moaña e Cangas do Morrazo

Está pasando!