Samaín 2023 en Pontevedra

mar31out17:30Samaín 2023 en PontevedraA Noite dos Calacús17:30 Centro Histórico Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

O medo, o terror, a noite, o Samaín. Pontevedra vivirá un 31 de outubro cheo de actividades especiais de cara a un deses días onde o outro mundo e o que habitamos están máis preto que nunca. A Noite dos Calacús está xa moi preto!

O concelleiro de Festas, Demetrio Gómez, presentou o pasado xoves o programa municipal para a nomeada data, acompañado do presidente do CM Zona Monumental, Miguel Lago, colectivo que xunto ao Concello promove e colabora nas actividades que traerán contos, maquillaxe, música e pasacalles terroríficos polo centro histórico.


Presentación do Samaín 2023 | © Concello de Pontevedra

«A noite do 31 de outubro ao 1 de novembro é unha noite de moito medo, unha noite na que saen as bruxas, os sapos, as curuxas, as meigas e mesmo a Santa Compaña ten traballo extra», sinalou o edil. «Imos encher o centro histórico de contos e historias de terror, de pasacalles distintos».

Entre lusco e fusco, na tardiña, comezarán as actividades especiais para as crianzas, que poden ser consultadas a continuación:

  • 17.30h. Obradoiro de Calacús. Obradoiro de maquillaxe e tatuaxes (Praza de Curros Enríquez)
  • 18.00h. Contadas terroríficas infantís. Con Cris de Caldas e Bea Campos (Praza de Curros Enríquez)
  • 19.30h. Concerto da Gramola Gominola. (Praza de Curros)

Coa noite, chegarán as actividades para adultos:

  • 21.00h e 22.00h. Contadas terroríficas para adultos. Con Bea Campos, Celso Sanmartín e Quico Cadaval (Praza do Teucro, praza da Verdura e Tetuán)
  • 22.30h. Pasacalles ‘O Día dos Mortos’ de Pablo Méndez Performance (Rúas e prazas do centro histórico)
  • 22.45h. Pasacalles ‘Dragóns’ de Hípica Celta (Rúas e prazas do centro histórico)
  • 23.00h. Pasacalles ‘SubUmbra’ de Troula (Rúas e prazas do centro histórico)



Gómez indicou que no caso de choiva haberá ‘plan B’ para protexer as actividades programadas, ben cunha carpa ou ben cunha localización alternativa. Sexa como for, o edil lembrou que Pontevedra «contará cos mellores contacontos do país e as mellores compañías de espectáculos na Noite dos Calacús, coas mellores personaxes terroríficas da tradición galega, actuando na mellor centro histórico do país.

Pontevedra non para aínda que chegue o inverno e imos facer todo o que estea na nosa man para que a Boa Vila siga sendo un fervello».


Hora

(Martes) 17:30

Localización

Centro Histórico Pontevedra

Está pasando!