Finca de Briz | Concello de Marín

Samaín Briz 2025 en Marín

sáb22nov18:30Samaín Briz 2025 en Marín nova data, despois de ter que ser aplazado18:30 Finca de Briz - Parque dos Sentidos - Marín

Detalles do Evento

O Samaín Briz xa ten nova data, despois de ter que ser aplazado por mor da choiva do pasado 31 de outubro. Finalmente será o sábado 22 de novembro, con novos túneles do terror, máis diversión, novos espectáculos e propostas.

Xunto coa Fundación Juan XXIII, a comparsa Os da Caña e o Club Deportivo La Peña volverán ser os piares deste evento, aos que xa se lles sumaron o ano pasado as comparsas Color Café, Val do Lérez, As Sonecas e este ano tamén a comparsa A Pandilla.

Haberá de novo rutas do terror, ás que haberá que acceder facendo cola, pero tamén haberá percorridos de acceso libre por toda a finca con distintas estacións do medo, nesta festa que se desenvolve entre a tarde e a noite previa ao festivo de Todos Os Santos.

Os espectáculos da lagoa principal terán dous pases e serán de temáticas relacionadas co Samaín.

Ademais, a zona do PequeSamaín, que volverá ubicarse no Auditorio, contará con moitas actividades e coa decoración de espantallos, realizados en colaboración coas persoas usuarias dos Centros de Día de Marín. Así que pode ser unha idea boísima para os disfraces dos máis peques.

O programa do Samaín Briz 2025 é o seguinte:

18.30h. Apertura da finca

18.30 a 22.00h. PequeSamaín:

  • Pintacaras
  • Xogos infantís e en familia
  • Animación musical

18.30 a 21.00h. (Peche de colas)

Rutas:

  • Casa das bonecas terroríficas
  • As portas do Alén

18.30 a 22.00h. Estacións do Medo

  • Banquete de morte
  • O bosque encantado
  • Medo me dá
  • A noite do brote
  • A cova do asustador
  • A danza da lúa

Espectáculos. Dous pases: Ás 19.00 e ás 21.00h.

  • Nemeton, a orixe do Samaín
  • A queimada
  • O lobishome
  • A queima das meigas

23.00h. Fin de festa

Haberá postos de comida, ambientación musical… e moitas cousas máis.

Ten en conta:

  • A Finca é un espazo natural. Non está garantida a accesibilidade total a todas as zonas.
  • Recoméndases non acceder ás rutas con:

    • Bebés
    • Carriños

  • O Samaín Briz é gratuito. Disfruta, pásao de medo e ten paciencia.
  • O acceso ás rutas implica facer colas. No resto da finca podes disfrutar libremente.

Hora

(Sábado) 18:30

Localización

Finca de Briz - Parque dos Sentidos

Rúa da Costa, s/n, 36900 Marín

Está pasando!