‘Señoras e señoras’ de María Guerra e Mariola Cubells en Pontevedra

ven24out20:00‘Señoras e señoras’ de María Guerra e Mariola Cubells en PontevedraCelebración ‘Cen Mulleres que opinan’20:00 Teatro Principal de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

‘Cen Mulleres que opinan’ levanta o pano, de xeito figurado e literal, o venres 24 de outubro, ás 20.00 horas, no Teatro Principal. Será co espectáculo ‘Señoras e señoras’, un show irreverente e feminista, creado e interpretado por María Guerra e Mariola Cubells. A entrada é de balde, ata completar aforo.

As dúas xornalistas soben ao escenario para facer un repaso cheo de humor da vida da xeración de mulleres nacidas na década dos anos 60 do século XX, pioneiras en poder elixir (maternidade, matrimonio, soidade…) e que sobreviviron á experiencia, e mesmo abriron camiños de futuro.

Guerra e Cubells participaron no foro ‘As Mulleres que opinan son perigosas’ nas edicións dos anos 2023 e 2024, respectivamente.

‘Señoras e señoras’ é a primeira cita da celebración do foro ‘As mulleres que opinan son perigosas’ que nas súas oito primeiras edicións acadou o fito de dar a palabra a cen relatoras.

Foron cen as profesionais que reflexionaron e analizaron a situación das mulleres no xornalismo, os retos e atrancos que sofren pola súa condición de muller, os estereotipos que aínda pesan nas súas carreiras, onde estaban e onde están; que falaron da necesidade de ollar o mundo e contalo cunha mirada feminista; e que compartiron un espazo de diálogo, intercambio de experiencias e confidencias no que as mulleres -xornalistas ou non- atópanse seguras e libres para cuestionar, dubidar e afirmar.

‘As mulleres que opinan son perigosas’ naceu no ano 2018 froito da indignación de dúas xornalistas locais –Diana López e Susana Pedreira- e da man do Concello de Pontevedra e a Deputación de Pontevedra, ao constatar a escasa presenza de mulleres nas páxinas de opinión dos medios decomunicación galegos e estatais.

A celebración terá continuidade o sábado 25, a partir das 12.00 horas, no Museo de Pontevedra (Edificio Castelao). Neste espazo presentarase o libro -con ilustracións de Bea Gregores- e o documental ‘Cen Mulleres que opinan’, da man de Susana Pedreira e Diana López.

Nesta conversa- presentación irán incorporándose catro relatoras do foro: as xornalistas Olga Viza, Marta García Aller, María Varela e María Hermida.

Hora

(Venres) 20:00

Localización

Teatro Principal de Pontevedra

Rúa Paio Gómez Charino, 6, 36002 Pontevedra

Está pasando!