Noites no Paar ‘Solsticio en pedra’ | PAAR

'Solsticio en pedra' no PAAR de Campo Lameiro

sáb21xuñ22:00'Solsticio en pedra' no PAAR de Campo Lameirovisitas nocturnas ao pAAR22:00 Paar - Campolameiro

Detalles do Evento

O sábado 21 de xuño, ás 22:00 horas, descubre a maxia dos petróglifos ao pór do sol nunha visita nocturna ao Parque Arqueolóxico con guía experto en Arte Rupestre.

De día, os petróglifos son fascinantes. De noite, son máxicos. As Noites no PAAR ofrecen unha perspectiva única da arte rupestre. As lanternas e luz de cores revelan a verdadeira esencia dos gravados. A iluminación na escuridade realza cada trazo, cada figura, permitíndoche ver detalles que a luz do día non revela.

Unha experiencia única na que se combinará a visión nocturna das rochas máis emblemáticas do Parque, como a Laxe dos Carballos, cun percorrido, baixo as estrelas, pola tradición oral e os mitos e lendas vinculadas aos petróglifos e á figura do cervo.

Achégate ao PAAR e descubre por que a noite é o mellor momento para explorar os segredos das rochas de Campo Lameiro.

A duración da actividade é de 2 horas.

Reserva de entradas en paar.es

Hora

(Sábado) 22:00

Localización

Paar

Praderrei, s/n, 36119, Campolameiro

Está pasando!