‘Sons de Outono’: Concerto de Brass Atlantic en Pontevedra

sáb14dec12:00‘Sons de Outono’: Concerto de Brass Atlantic en PontevedraSeminario Permanente de Jazz de Pontevedra12:00 Praza da Peregrina - Pontevedra

Detalles do Evento

Dentro do ciclo ‘Sons de Outono’, organizado polo Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra, o sábado 14 de decembro ás 12:00 horas, Brass Atlantic ofrecerá un concerto na Praza da Peregrina, ou no palco da música da Alameda se chove.

Brass Atlantic é unha banda de instrumentos de vento e percusión que naceu de modo espontáneo no ano 2022 da man dun grupo de amigos e experimentados músicos de jazz. Nesta agrupación se reflicte en certo modo a profunda influencia das primeiras brass bands americanas ata ás máis actuais.

Este ensemble aborda un repertorio variado, lembrando ás bandas de Nova Orleáns, no que se aprecian estilos tan dispares coma o dixieland, o swing, o blues, o jazz, o soul ou o funk.

  • Rosolino Marinello: saxo alto
  • Sarunas Pupelis: saxo tenor
  • Ginés Guerra: trombón
  • Lolo Martínez: tuba
  • Noli Torres: batería



Hora

(Sábado) 12:00

Localización

Praza da Peregrina

Está pasando!