This is a repeating event

Punkativada 2025 en Soutomaior

sáb23ago11:30Punkativada 2025 en SoutomaiorIII Festival para a xente miuda11:30 Peirao de Arcade - Soutomaior

Detalles do Evento

A terceira edición do Punkativada xa quenta motores. Este festival para a xente miúda celebrarase os días 23 e 24 de agosto na Carballeira do Peirao.

Trátase dunha cita para toda a rapazada do concello e do conxunto da comarca no que tanto os máis pequenos e pequenas como pais e nais poderán desfrutar de concertos infantís, espectáculos e contacontos, obradoiros e moito máis.

Dende o Concello de Soutomaior convidan a todas as familias a vir a desfrutar deste festival para xente miúda nunha das contornas naturais máis fermosas do fondo da ría de Vigo, nun concello con tanto potencial natural e cultural como Soutomaior.

Punkativada 2024 en Arcade | Concello de Soutomaior

O alcalde de Soutomaior, Manu Lourenzo, chamou a toda a rapazada do concello, e da contorna, e ás súas familias a achegarse á Carballeira de Arcade os días 23 e 24 de agosto para “desfrutar dalgúns dos mellores espectáculos infantís que hoxe en día poden verse en Galicia”.

“Queremos, un ano máis, que todos os nenos e nenas de Soutomaior e a comarca, e en xeral toda a veciñanza, saquen ese espírito punki que todos levamos dentro e poidan demostrar que para pasalo ben no verán non hai sitio mellor que Soutomaior”.

O evento comezará, nesta terceira edición, o sábado 23 de agosto, onde haberá obradoiros creativos punkies, e pola mañá, tamén chegará o concerto de A Banda dos Insectos. Xa pola tarde a xornada comezará co directo do grupo As Tareixas, o teatro Moby Dick de Pedras de Cartón e un dos pratos fortes da xornada chegará co espectáculo Con Lingua Propia de Peter Punk ás 19:30h.

Punkativada 2024 en Arcade | Concello de Soutomaior

Xa na xornada do domingo 24 haberá moitos obradoiros para participar coa lingua punki, superpoderes das aves ou oficios do futuro… Na mañá do domingo poderemos desfrutar do espectáculo A utópica rondante “de Vilatriste a Vilalegre” de Teatro ao Cubo. E pola tarde, ademais de obradoiros con temática punk, chegará o concerto estrela da xornada co directo de Uxía Lambona e a Banda Molona.

Con esta programación dende o Goberno Local lembran que todas estas citas son, de balde, para desfrutar en familia, dos obradoiros, espectáculos e da natureza e desta terceira edición da Punkativada dende a Carballeira do Peirao de Arcade.

Hora

(Sábado) 11:30

Localización

Peirao de Arcade

Lugar Peirao, 16 36690 Arcade Soutomaior

Está pasando!