Teatro Apátrida presenta 'Médium. Chile estalla en la distancia' en Vigo

dom18feb20:00Teatro Apátrida presenta 'Médium. Chile estalla en la distancia' en VigoI Circuíto de Rutas Alternativas20:00 Sala Ártika - Vigo

Detalles do Evento

O domingo 18 de febreiro, ás 20:00 horas, na Sala Ártika de Vigo, a cia Teatro Apátridada (España e Chile) porá en escena ‘Médium. Chile estalla en la distancia’, dentro do I Circuíto de Rutas Alternativas.

‘Médium. Chile estalla en la distancia’ é unha peza inspirada nunha estrutura documental, que indaga a través de relatos testemuñais da revolución social en Chile acontecida desde outubro de 2019. A posta en escena instala a cinco artistas chilenos residentes en Europa, que intentan poñer en contacto, mediante diferentes procedementos, cunha realidade que se produce na distancia e á que non poden acceder polo obstáculo da distancia.

A obra constrúese grazas á recollida de testemuños, conversas de chat, correos electrónicos, fotografías persoais, rexistros e documentos, co fin de desenvolver unha experiencia escénica que achegue a este presente un anaco da resistencia latinoamericana, como reflexo da loita de diferentes pobos en diferentes latitudes do planeta.



‘Médium. Chile estalla en la distancia’ é un espectáculo de 75 minutos de duración, recomendado para maiores de 12 anos.

Entrada anticipadas á venda en artikavigo.com a 10 euros + gastos de xestión (dispoñible ata 24 horas antes da primeira función) e en taquilla a 14 euros + gastos de xestión.


Hora

(Domingo) 20:00

Localización

Sala Ártika

Avda. de Beiramar, 113 36208 Vigo

Está pasando!