This is a repeating event

Tempo de Nadal en Pontevedra

lun29decConsultarTempo de Nadal en PontevedraDo 5 de decembro de 2025 ao 11 de xaneiro de 2026(Consultar: luns) Concello de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

Pontevedra presenta un Tempo de Nadal accesible, con identidade propia, compartido, descentralizado e aberto.

Tal e como é habitual, o programa dará comezo o día 5 de decembro na praza do Concello co acendido da iluminación.

Este acto inaugural contará con algunha que outra sorpresa, polo que se anima a toda a veciñanza a achegarse até este espazo para gozar dun intre especial e familiar.

A programación inclúe as citas clásicas e os espazos habituais, coas súas atraccións, como a pista de xeo en Montero Ríos, o poboado de Nadal na Ferraría, a San Silvestre, a cabalgata de Reis, a animación de rúa e as actividades descentralizadas nos locais sociais.

Editáronse un total de 30.000 programas, dos cales 27.000 serán repartidos nas casas, e 3.000 estarán dispoñibles para os veciños na Oficina de Turismo municipal.

Hora

Consultar (Luns)

Localización

Concello de Pontevedra

Está pasando!