‘Pinocho’ | Títeres Cachirulo

Titirivedra en Pontevedra

mar15xul19:00Titirivedra en Pontevedra ciclo de monicreques19:00 Cidade de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

A programación especial de verán inicia este luns un novo ciclo da man de Titirivedra. Trátase dunha das propostas que este ano conta con novidades na súa base, xa que tamén contará con espectáculos para adultos —até este 2025, as súas actividades estaban centradas en crianzas e familias—.

ciclo pontevedrés de monicreques contará con dúas localizacións para o seu desenvolvemento: a Alameda e a Praza do Teucro, espazo onde se realizarán as actuacións para adultos con Teatro Arbolé e Títeres Alakrán.

Como toda a programación do verán promovida e organizada polo Concello de Pontevedra, Titirivedra é totalmente de balde. Trátase dun ciclo que conta con un éxito absoluto e cun público fiel, que ano tras ano fai da Alameda unha contorna de luxo para gozar do teatro de rúa.

Titirivedra celebrarase entre o 14 e o 19 de xullo, eis a programación completa:

LUNS 14

  • 19 h. Lafontana Formas Animadas. ‘Mamulengo Capiroto’. Alameda
  • 22 h. Monicreques para adultos. Teatro Arbolé. ‘Trigedias de Amor y Cuernos’. Praza do Teucro

MARTES 15

  • 19 h. Krisálida Teatro. ‘Palhinhas a História de um Espantalho’. Alameda
  • 22 h. Monicreques para adultos. Títeres Alakrán. ‘O Ferreiro e o Diaño’. Praza do Teucro

MÉRCORES 16

  • 19 h. Títeres Alakrán. ‘A Cuba’. Alameda

XOVES 17

  • 19 h. A Xanela do Maxín. ‘A Toupiña que quería saber quen lle fixera iso na cabeza’. Alameda

VENRES 18

  • 19 h. Trécola. ‘The Piccole Theatre’. Alameda

SÁBADO 19

  • 19 h. Títeres Cachirulo. ‘Pinocho’. Alameda

Hora

(Martes) 19:00

Localización

Cidade de Pontevedra

Está pasando!