Titirivedra: ‘Novos lobos’ en Pontevedra

mér17xul19:00Titirivedra: ‘Novos lobos’ en PontevedraCiclo Infantil de Monicreques19:00 Alameda de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

Pontevedra volverá contar cos mellores espectáculos teatrais de monicreques do país. O ciclo cultural Titirivedra se antolla imperdíbel para todas as familias pontevedresas que queiran gozar de sesións diarias deste tipo, pensadas para que gocen as crianzas, mais tamén para que os seus acompañantes adultos poidan desfrutar a través das distintas capas de comprensión e dinamismo que cada función propón.

O programa completo é o seguinte, con todos os espectáculos co seu inicio ás 19.00 horas na Alameda:

Luns, 15 de xullo

  • ‘As mil e Uma Noites’ – Caricata Teatro

Martes, 16 de xullo

  • ‘O galo Quirico’ – Títeres Seisdedos

Mércores, 17 de xullo

  • ‘Novos lobos’ – Fantoches Baj

Xoves, 18 de xullo

  • ‘Raio The Loubicán’ – Títeres Mircromina

Venres, 19 de xullo

  • ‘A pita xefa’ – Títeres Alkrán

Sábado, 20 de xullo

  • ‘Polichinela titor de Pierrot’ – Danthea Teatro

Domingo, 21 de xullo

  • ‘Titiricircus’ – Tanxarina

Hora

(Mércores) 19:00

Localización

Alameda de Pontevedra

Rúa Alameda, 36001 Pontevedra

Está pasando!