'Unha noite no Trasmundo' en Moaña

ven25out18:00'Unha noite no Trasmundo' en MoañaPrograma Rechouchíos 202418:00 Concello de Moaña - Moaña

Detalles do Evento

O venres 25 de outubro, ás 18:00 horas na Sala Celso Parada do C.S. Daniel Castelao (Quintela), Títeres Natúacasa pechará o programa Rechouchíos 2024 co espectáculo de monicreques ‘Unha noite no Trasmundo’, recomendado a partir de 3 anos.

Concibido como homenaxe á vida e obra de Laxeiro, esta viaxe onírica chea de aventuras está conducida por Guy Bobillo, un verdadero experto en espectáculos infantís que combinan a diversión con múltiples claves de coñecemento da historia da arte.

Entrada de balde. Capacidade limitada.

RECHOUCHÍOS

O Concello de Moaña celebrará unha nova edición de Rechouchíos, un programa de dinamización da lectura e a linguaxe con actividades dirixidas a nenos e familias, que terá lugar os venres do 20 de setembro ao venres 25 de outubro.


Hora

(Venres) 18:00

Localización

Concello de Moaña

Está pasando!