This is a repeating event

XVII Certame Galego de Bandas de Música en Pontevedra

ven18outConsultarXVII Certame Galego de Bandas de Música en PontevedraFederación Galega de Bandas de Música Populares(Consultar: venres) Auditorio do Pazo da Cultura - Pontevedra

Detalles do Evento

A décimo séptima edición do Certame Galego de Bandas de Música, organizado pola Federación Galega de Bandas de Música Populares, terá lugar entre os días 18 e 20 de outubro de 2024 no Pazo da Cultura de Pontevedra.

As 15 bandas participantes desta edición que optarán aos máis de 20.000 euros en premios son: Agrupación Musical do Rosal, Banda Escola de Música de Beade, Banda Filarmónica de Amares, Banda de Música Popular Airiños do Morrazo de Moaña, Unión Musical de Coruxo, Banda de Música Unión Musical de Tenorio, Banda de Música Artística de Arcade, Banda Infantil de Lalín, Banda Infantil Maestro Lupi, Banda de Música Xuvenil de Xinzo, Banda de Música Municipal de Caldas de Reis, Agrupación Músico-Cultural de Ribadumia, Banda Juvenil de la Societat Artística Musical d’Alginet, Banda Xuvenil da Unión Musical de Meaño e Banda-Escola da Banda Municipal da Estrada.

A presencia de bandas galegas é, como cada ano, a principal do certame. Nesta edición a organización destaca ademais a presenza de tres bandas de recoñecido prestixio de fóra da nosa comunidade: a Banda Filarmónica de Amares, chegada dende Portugal, a Banda Infantil Maestro Lupi de Benavente e a valenciana Banda Xuvenil da Societat Artística Musical d’Alginet.

Cada unha das bandas participantes deberá interpretar unha peza de presentación, unha obra de libre elección e outra proposta pola organización, seleccionada entre as obras premiadas en anteriores edicións do Concurso Galego de Composición. Técnica, sonoridade, interpretación e escena serán os catro bloques valorados para determinar os gañadores de cada sección. As actuacións serán valoradas por un xurado integrado por 3 personalidades de recoñecido prestixio no mundo da música de banda e estarán asistidos por un integrante da directiva da federación con voz mais sen voto. As obras seleccionadas nesta ocasión son:

  • Sección primeira: ‘Imaxes Olívicas’, de Santiago Barreira Davila.
  • Sección segunda: ‘Unha rapsodia galega’, de Sergio Rodríguez Pena.
  • Sección terceira: ‘Lembranzas, de Pere Sanz Alcover.
  • Sección xuvenil: ‘Jakobsland’, a terra de Santiago, de Álvaro Cámara López.
  • Sección infantil: ‘A moura galega’, de Frank J. Cogollos Martínez.

A organización avanzou que está prevista a retransmisión do certame en streaming a través dunha ligazón que facilitará nos próximos días a través das súas redes sociais.



Os horarios das actuacións das bandas participantes son os seguintes:

SÁBADO 19 OUTUBRO

Sección xuvenil

  • 11:45 h. Banda Xuvenil da Societat Artística Musical d’Alginet
  • 12:30 h. Banda Xuvenil da Unión Musical de Meaño
  • 13:15 h. Banda-Escola da Banda Municipal da Estrada

Sección infantil

  • 16:15 h. Banda Infantil de Lalín
  • 16:45 h. Banda Infantil Maestro Lupi de Benavente

Sección terceira

  • 17:30 h. Banda de Música Popular de Moaña «Airiños do Morrazo»
  • 18:30 h. Unión Musical de Coruxo
  • 19:30 h. Banda de música Unión Musical de Tenorio
  • 20:30 h. Banda de música Artística de Arcade

DOMINGO 20 OUTUBRO

Sección segunda

  • 11:00 h. Banda de Música Xuvenil de Xinzo
  • 12:10 h. Banda de Música Municipal de Caldas de Reis
  • 13:20 h. Agrupación Músico Cultural de Ribadumia

Sección primeira

  • 16:30 h. Agrupación Musical do Rosal
  • 17:50 h. Banda Escola de Música de Beade
  • 19:10 h. Banda Filarmónica de Amares


Hora

Consultar (Venres)

Localización

Auditorio do Pazo da Cultura

Rúa Alexandre Bóveda, s/n. 36005 Pontevedra

Está pasando!