This is a repeating event

‘Vilagarcía, Cidade de Libro’

mar10xuñConsultar‘Vilagarcía, Cidade de Libro’Do 10 ao 15 de xuño de 2025(Consultar: martes) Parque Miguel Hernández - Vilagarcía de Arousa

Detalles do Evento

A quinta edición de ‘Vilagarcía, Cidade de Libro’ celebrarase entre o 10 e o 15 de xuño no parque Miguel Hernández e contará coa presencia de importantes referentes do panorama nacional.

O último Premio Planeta, Paloma Sánchez-Garnica; a revolución da literatura xuvenil, Joana Marcús ou a escritora de misterio María Oruña, entre moitos outros, daranse cita na localidade.

A mostra está organizada polas concellerías de Xuventude, dirixida por Álvaro Carou, e Cultura, de Sonia Outón. Os concelleiros sinalaron a importancia da lectura para “fomentar a capacidade crítica” das persoas, sobre todo dos máis pequenos que terán un papel moi relevante do programa. De feito, todos os días entre as 10:00 e as 13:00 horas haberá unha sesión do ‘Literatour’, unha actividade en colaboración cos centros escolares coa que se busca inculcar o hábito lector.

A zona de presentación, exposición e venda de libros abrirá todas as tardes a partir das 18:00 horas e ata as 21:00. Na fin de semana o horario amplíase ás mañás, de 11:30 a 13:30 horas.

Os autores estarán firmando por días en horario de tarde: o martes 10 ás 18:00 horas estarán Paloma Sánchez- Garnica e Rober Caggiao; o mércores será a quenda dos poetas Andres F. Maneiro, Samuel L. Paris, Clara Pino e Xerardo Quintiá, dende as 19:00 horas; o xoves 12, firmarán Rosa Aneiros, Alonso de la Torre e Máximo Huerta (18:00h); o venres, Joana Marcús (tras a presentación do seu libro, sobre 19:30 horas), Ana Merino e Fina Casalderrey; o sábado, María Oruña, Juan Tallón, Paula Mayor e Manuel Vilas (19:00h); e por último, o domingo 15 (17:30) será a quenda de Rebeca Stones, Antía Yáñez e Inma Rubiales (necesaria reserva de tíckets online).

Os lectores poderán pasar máis tempo cos seus autores favoritos, xa que tras a firma comezarán as ‘Conversas ao solpor’. Estas desenvolveranse ás 20:30 horas no escenario principal, que este ano estará ubicado noutro lugar do parque, máis á sombra.

A programación é moi ampla, contando con obradoiros, maxia, contacontos… Aínda que unha das actividades máis populares é a visita á Illa de Cortegada. Nesta ocasión, será o sábado 14 a partir das 17:30 horas e da man de María Oruña, que presentará a súa nova novela ‘El albatros negro’. Para participar é necesaria a inscrición previa a partir do 2 de xuño na Oficina de Turismo. É de balde e hai 25 prazas dispoñibles.

Hora

Consultar (Martes)

Localización

Parque Miguel Hernández

36600 Vilagarcía de Arousa

Está pasando!