Verán Cultural en Salvaterra

ven28xul(xul 28)00:00dom27ago(ago 27)23:59Verán Cultural en SalvaterraVive a Cultura en Salvaterra!(xullo 28) 00:00 - (agosto 27) 23:59 Recinto Amurallado de Salvaterra de Miño - Salvaterra de Miño

Detalles do Evento

Un dos grandes atractivos culturais do Concello de Salvaterra de Miño é o Verán Cultural non só para os seus veciños e veciñas senón para moita xente doutros concellos que se achega cada ano para desfrutar da súa programación.

Como pioneiros nesta axenda cultural que é renovada cada ano e conscientes da importancia que ten para Salvaterra de Miño, nesta edición amplíase o tempo de duración con eventos imprescindibles que comezarán o 28 de xullo e que continuarán ata o 27 de agosto.

Trátase dun gran esforzo por parte do Concello de Salvaterra de Miño para ofrecer actividades culturais tanto para maiores como para os máis pequenos.

Nesta edición, ademais dos concertos de grandes artistas e grupos como Verónica Codesal o 28 de xullo, Carlos Núñez o 29 de xullo, A Roda e Lucky Duckies o 25 de agosto, Son de Seu e Fanfarria Taquicardia o 26 de agosto e O Fiadeiro, La Sombra de Justine e La Patrulla o 27 de agosto.

Outra parte importante da programación serán eventos recoñecidos: O Mundo a Danzar o 31 de xullo, O Son da Muralla o 5 de agosto, Imos de Guateque o 12 de agosto e os días 25, 26 e 27 de agosto a Festa do Viño que serán eixe principal das actividades do Verán Cultural.

Os concertos complétanse con outras actividades nas que destacan as infantís onde os cativos teñen un papel protagonista.

Proximamente avanzaremos o programa cultural completo.


Hora

Xullo 28 (Venres) 00:00 - Agosto 27 (Domingo) 23:59

Localización

Recinto Amurallado de Salvaterra de Miño

Praza a Constitución, 1, 36450 Salvaterra de Miño

Está pasando!