Vibra Mahou Fest en Vigo

ven28outConsultarsáb29outVibra Mahou Fest en VigoSala Molotov e Auditorio Mar de Vigo(Consultar) Concello de Vigo - Vigo

Detalles do Evento

Vibra Mahou Fest regresa á cidade de Vigo os días 28 e 29 de outubro coa mellor música en directo.

Vibra con Delaporte o venres 28 de outubro na Sala Molotov e o sábado día 29 no Auditorio Mar de Vigo con Depedro, Los Estanques e Anni B Sweet, Mon Band, Arde Bogotá, Nunatak, Shinova, Sienna e sesións con DJs locais que nos farán gozar de máis de 12 horas de música en directo.

Ademais, haberá unha zona gastro exterior con foodtrucks nas que atoparás propostas para todos os gustos e opcións.

Abonos e entradas anticipadas á venda en wegow.com


Delaporte

Descobre en directo “Abril”, unha viaxe cara a un mundo máis terreal, pero cheo de sentimentos. Durante as súas cancións, o grupo nárranos unha historia de amor e desamor, onde teñen cabida o ghosting ou os amigos que che axudan a saír das épocas máis escuras. Un disco marcado polo house máis noventero e producións con guitarra e batería acústica, para volver aos sons máis clubbing que farán que non pares de bailar.


Depedro

Depedro é o proxecto musical de Jairo Zavala, gravado coa banda estadounidense Calexico. Un tándem perfecto que compuxo e produciu “Máquina de Piedad”. Este disco é a fusión dun libro que che descobre mundos inimaxinables e a necesidade de coñecelos para despois poder contalos. En definitiva, unha folla de roteiro de como deixar que a vida flúa e deixar que as cousas pasen. Un traballo cheo de influencias musicais, estéticas e culturais que se converterá en todo un baile para os teus sentidos.


Los Estanques e Anni B Sweet

Se queres escoitar temazo tras temazo, non te podes perder, “He bebido tanto que estoy muerto de sed”. O novo proxecto dos Estanques, a banda de pop psicodélico, e Anni B Sweet, a coñecida cantante independente, é a mestura perfecta entre a calidez e os ramallazos máis incontrolables, que te convidarán a saír da liña.


Mon Band

Tras meses de intenso traballo, o grupo galego Mon Band volve subirse aos escenarios con “Juguemos a tenerlo todo”. Un traballo que segue a liña do disco anterior, con pop elegante, letras máis traballadas e menos aceleradas, e onde colaboran artistas como Iván Ferreiro, cantando a dúo “Química brutal”, ou Eladio Santos, cantando “Juguemos a tenerlo todo”.


Arde Bogotá

Imaxinas como sería unha versión rock-pop de ‘Mi Carro’ de Manolo Escobar? Non o imaxines, víveo! Ven a Vibra Mahou Fest e escoita en directo o último traballo de Arde Bogotá, “La Noche”, onde poderás descubrir esta versión tan atípica. Un disco referente do rock-pop nacional cargado con mensaxes de sedución, pero tamén de rabia, que reflicten a alma dun grupo de amigos que se xuntaron para facer música, vivir un soño e facer gozar a todos os que se achegan a escoitalos.


Nunatak

Contáxiate da enerxía da banda cartagenera Nunatak e o seu traballo “Nunatak y las flores salvajes”. Unha verdadeira viaxe de emocións musicais, cancións construídas consentindo cada detalle, retrousos coreables e emocionais a flor de pel.


Shinova

Un tarot musical, así é o quinto disco de Shinova, “La Buena Suerte”. Un disco optimista escrito durante a pandemia, pero que parece falar da nova normalidade. Un verdadeiro experimento melódico, mesturado con sons electrónicos, voces procesadas e bases rítmicas que rozan o tribal, que che incitarán a deixarche levar polos teus instintos máis primarios e non parar de bailar.


Sienna

Sienna esconde a alma e as teas de araña emocionais de Alex Ruíz. Un artista indie en constante evolución que fixo sold outs en cidades como Valencia, Madrid e Alacante, e que acumula máis dun millón de reproducións en plataformas, e non nos sorprende, porque non poderás deixar de escoitarlle! No seu LP “Melancolic”, convídanos a acompañalo nunha viaxe introspectivo cheo de sons diferentes, onde combinan teclados, vocoders e reverbs para crear unha identidade única.


Hora

outubro 28 (Venres) - 29 (Sábado)

Localización

Concello de Vigo

Está pasando!