This is a repeating event

VII Feira de Oportunidades 'Stock Marín'

ven07feb10:00ven21:00VII Feira de Oportunidades 'Stock Marín'Centro Comercial Aberto Estrela de Marín10:00 - 21:00 Alameda de Marín - Marín

Detalles do Evento

Aproveitando datas, nas que os establecementos comerciais soen aplicar descontos e promocións moi significativos, como son as rebaixas de inverno, o CCA Estrela de Marín levará a cabo esta feira de oportunidades do 7 ao 9 de febreiro, na Alameda Rosalía de Castro de Marín.

Deste xeito, 13 establecementos comerciais, ofrecerán a uns prezos con grandes descontos, productos relacionados cos seguintes sectores: Moda home e muller, moda infantil, lencería, complementos, calzado, calzado infantil, deportes, bisutería, papelería, material escolar, xoguetería e mercería.

O evento terá lugar dentro dunha carpa climatizada de 35×10 metros, cun horario de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 21.00 horas e a entrada será gratuíta.


Presentación da VII Feira de Oportunidades ‘Stock Marín’ | CCA Estrela de Marín

Sorteo presencial de 1.000 euros

Coa finalidade de premiar a fidelidade dos clientes que realicen algunha compra, nos establecementos que participan na acción (consultalos aquí), celebraremos un sorteo presencial de 1000 euros.

A persoa gañadora disporá de 9 vales de 100 euros, para canxear nos stands participantes nesta promoción e dun vale de 100 euros a maiores que se consumirá no stand que sele a papeleta premiada.

Polas compras efectuadas, os clientes recibirán un flyer A5 que contén un espazo que deberán recurtar e cumplimentar cos datos requeridos (nome completo, dni, idade, PVP da compra efectuada e o selo de establecemento onde se fixo a compra).

Para participar no sorteo e optar ao premio dos 1.000 euros en vales compra, deberase depositar a papeleta na urna que se habilitará para tal fin no stand do Centro Comercial Aberto Estrela de Marín e estar presente na carpa o domingo ás 17.30 horas. Iranse extraendo papeletas, ata que apareza un/unha gañador/gañadora. A persoa gañadora, deberase acreditar co seu DNI (ou documento análogo).

Ademais, 10.000 domicilios da vila recibirán nos seus buzóns un flyer co que tamén poderán participar no sorteo, se realizan os pasos anteriormente descritos.



Establecementos participantes na VII edición de ‘Stock Marín’

A mi Love, Acolá Trend, Bolboreta, CCA Estrela de Marín, Delirious, El Armario de Alia, El Rincón de Niky, Five Sport, Inés Marcos, Librería Espacio Lector Nobel, Orballo da Ponte, Paíno & Maína, Tamara Onlinee e Tamara Piel.

O evento, organizado polo Centro Comercial Aberto Estrela de Marín coa colaboración do Concello de Marín e a cofinanciación da Xunta de Galicia, e xurde por petición dos establecementos comerciais, que debido ao actual retraemento no consumo están acumulando stocks.

Hora

(Venres) 10:00 - 21:00

Localización

Alameda de Marín

Alameda Rosalía de Castro, 36900 Marín

Está pasando!