Arctic Sunrise| | © Greenpeace

Visita al Arctic Sunrise de Greenpeace en Vilagarcía

ven14xuñ19:00Visita al Arctic Sunrise de Greenpeace en VilagarcíaPost-Growth Innovation Lab 19:00 Concello de Vilagarcía de Arousa - Vilagarcía de Arousa

Detalles do Evento

No marco da programación do congreso internacional ESEE-Degrowth 2024, que terá lugar entre o 18 e o 21 de xuño, o grupo de investigación Post-Growth Innovation Lab promove a Primavera do Decrecemento, unha serie de actividades, organizados co apoio da UVigo e do Concello de Pontevedra e dirixidos a afondar nalgunhas das temáticas nas que porá o foco esta conferencia internacional.

O venres 14 de xuño, visitaremos en grupo o icónico buque rompexeos Arctic Sunrise de Greenpeace, que atracará uns días o Peirao do Ramal, en Vilagarcía de Arousa. O Arctic Sunrise chega a esta vila como parte da expedición da organización para esixir a ratificación do Tratado Global dos Océanos e a creación de áreas mariñas protexidas.

Greenpeace ofreceranos unha visita guiada onde tripulación e activistas contarannos as loitas vividas por este buque en favor dun planeta san e en paz.

Se queres vir en transporte público, sairemos da Estación de Pontevedra no tren das 18:32 horas cara a Vilagarcía de Arousa e dende alí camiñaremos ata o Peirao do Ramal. A volta será no tren das 22:12 horas (lembra comprar os teus billetes con suficiente antelación).

Se vas pola túa conta, atoparémonos ás 19.00 horas fronte ao barco.

Prazas limitadas (20 prazas). Para a visita é imprescindible inscrición previa a través deste formulario. As prazas serán asignadas por orde de solicitude.

Hora

(Venres) 19:00

Localización

Concello de Vilagarcía de Arousa

Está pasando!