Exposición ‘A era das fábulas’ | © Museo de Pontevedra

Visita guiada á exposición 'A era das fábulas' en Pontevedra

xov12set18:00Visita guiada á exposición 'A era das fábulas' en PontevedraA arte e o poder rexenerador da fantasía18:00 Edificio Castelao. Museo de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

Todos os xoves desde o 1 de agosto e ata o 26 de setembro, ás 18:00 horas, o Museo de Pontevedra organiza visitas guiadas á exposición ‘A era dás fábulas. A arte e o poder rexenerador da fantasía’, da man do equipo de Educación do Museo.

Actividade de balde, sen necesidade de inscrición previa. Ademais, é posible concertar visitas para grupos noutro horario escribindo a educacion.museo@depo.gal



‘A era dás fábulas. A arte e o poder rexenerador da fantasía’ é unha exposición en tres actos que vincula as coleccións de arte da Fundación María José Jove e de TBA21 Thyssen-Bornemisza Art Contemporary cos fondos artísticos, arqueolóxicos e etnográficos do Museo de Pontevedra.

Baixo os epígrafes “Acto I. Imaxinación-mar”, “Acto II. Transformación-terra” e “Acto III. Renacemento-aire”, mostraranse obras de Maruja Mallo, Vasili Kandinski, Pablo Picasso, Fernand Léger, Joan Miró, Miquel Barceló, Luis Gordillo, Louise Bourgeois, Ernesto Neto, Menchu Lamas, Noa e Lara Castro ou Teresa Solar arredor das narrativas ficcionadas, esenciais para comprender a realidade.

Comisarias: Susana González (Fundación María José Jove), Chus Martínez (TBA21 Thyssen-Bornemisza Art Contemporary) e Ángeles Tilve (Museo de Pontevedra).

Hora

(Xoves) 18:00

Localización

Edificio Castelao. Museo de Pontevedra

Rúa Padre Amoedo Carballo, 3. 36002 Pontevedra

Está pasando!