This is a repeating event

Visitas guiadas á exposición da Coral Polifónica de Pontevedra

xov17abrConsultarVisitas guiadas á exposición da Coral Polifónica de Pontevedramuseo de pontevedra(Consultar: xoves) Edificio Castelao. Museo de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

Visitas guiadas á exposición ‘Sociedade Coral Polifónica de Pontevedra 1925-2025, un século de música coral en Galicia’, unha mostra que repasa os cen anos dunha agrupación fundamental na historia da música e da cultura en Galicia e que pode ser visitada ata o 20 de abril no Edificio Castelao do Museo de Pontevedra.

Estas son as datas e horas das visitas guiadas:

  • Xoves 3 e 10 de abril, ás 18 h. Reserva ata o mesmo día, ás 14 h
  • Sábados 5 e 12 de abril, ás 18 h. Reserva ata o día anterior, ás 14 h
  • Xoves Santo e Venres Santo, 17 e 18 de abril, ás 12 h. Sábado 19 de abril ás 18 h. Reserva ata o mércores 16 de abril, ás 14 h

As visitas guiadas deben reservarse previamente a través do formulario achegado nesta páxina, que se actualiza cada luns coas quendas da semana correspondente.



Sociedad Coral Polifónica de Pontevedra, fundada o 3 de febreiro de 1925, fixo a súa aparición pública moi pouco tempo despois, os días 9 e 10 de abril, Xoves e Venres Santo, en concertos realizados, respectivamente, nas históricas igrexas pontevedresas de San Francisco e Santa María.

O seu nacemento supuxo, como sinalou reiteradamente a crítica máis esixente e rigorosa, unha revolución no panorama musical de Galicia tanto pola composición do colectivo (foi a primeira coral que incorporou neste territorio mulleres á súa nómina de cantores) coma polo repertorio que interpretaba.

Ofrecía este unha acertada combinación de composicións antigas e modernas, entre as que destacaban as producidas polos seus propios directores, unha tradición mantida ao logo do tempo, non só na etapa de arranque da Sociedad Coral.

Non menos significativo que o anterior foi a temperá incorporación ás súas actuacións (o 23 de marzo de 1926, no primeiro concerto que ofreceron nun marco civil, neste caso, o Teatro Principal de Pontevedra) dunha coidada escenografía preparada especificamente para elas por unha personalidade tan excepcional e poliédrica coma Castelao, integrante tamén, como membro da corda dos baixos, do colectivo. fundacional de cantores.


Exposición ‘Sociedad Coral Polifónica de Pontevedra 1925-2025, un século de música coral en Galicia’ | Deputación de Pontevedra

A exposición, comisariada por Xosé Carlos Valle Pérez, á que serve de preludio este texto, estrutúrase en catro apartados, dos cales tres ofrecen unha visión diacrónica da traxectoria da Coral, delimitados por relevantes feitos históricos. Aínda que desiguais na súa duración, organízanse, non obstante, da mesma maneira, o que facilita o seu seguimento e comprensión.

No proceso da súa materialización resultou esencial a colaboración do equipo creado no seo da Coral especificamente para ese cometido e integrado polo secretario do colectivo, Santiago Valdés de la Colina, e polas e polos cantores Mercedes González Rosales, M.ª do Carme Martínez Lourido e Manuel Trigo Cochón.

O cuarto capítulo da proposta expositiva está dedicado, con carácter monográfico, ao estudo dos panos que conforman o aparato escenográfico invocado. Da súa preparación ocupouse M.ª Ángeles Tilve Jar, directora do Museo que acolle a mostra.

Hora

Consultar (Xoves)

Localización

Edificio Castelao. Museo de Pontevedra

Rúa Padre Amoedo Carballo, 3. 36002 Pontevedra

Está pasando!