This is a repeating event

Vivir o Nadal en Soutomaior

lun08decConsultarVivir o Nadal en SoutomaiorDo 5 de decembro de 2025 ao 10 de xaneiro de 2026(Consultar: luns) Concello de Soutomaior - Soutomaior

Detalles do Evento

Soutomaior presenta unha ampla programación de actividades de Nadal que se irán desenvolvendo desde o 5 de decembro ata o 10 de xaneiro entre as que se atopa a visita do Apalpador, de Papá Noel, a celebración da San Silvestre, unha gran Festa de Fin de Ano, a Carteira Real e a recepción e Cabalgata de Reis.

O lema deste ano da campaña é, un ano máis, ‘Vivir o Nadal en Soutomaior’, un Nadal que terá como núcleo de centralidade a Alameda de Talo Río, onde se instalará unha carpa de Nadal que este ano contará con moitas melloras de confortabilidade.

O Nadal comezará o día 5 de decembro cunha charla coloquio, e o 6 de decembro terá lugar un dos actos máis agardados, o acendido das Luces que, este ano, contarán coa colaboración da Asociación Bicos de Papel e con moitas actividades entre as que se atopa o un espectáculo de rúa de Troula, o espectáculo musical Orquestra de camarote Band e o Mercado de Nadal das Anpas e moitos obradoiros.

Un Nadal onde haberá grandes citas e onde, un ano máis, o concello ten organizado unha gran Festa de Fin de Ano co Trío Tic Toc e Yaya DJ e a fermosa cabalgata de Reis na tarde do 5 de xaneiro. Un Nadal para o desfrute de todas as persoas.

Un programa que contará con sesións vermú, tardeo musical con actuación de Algo pasa con Mery, Demasiadas Luces y Pocas Sombras ou Desconcerto ou co espectáculo de Peter Punk ‘Nadal chungo que te cagas’.

Un Nadal para vivir todas e todos en Soutomaior, un Nadal para o desfrute de toda a veciñanza.

Hora

Consultar (Luns)

Localización

Concello de Soutomaior

Soutomaior

Está pasando!