Xeira no Mosteiro de Carboeiro

sáb23set10:30Xeira no Mosteiro de CarboeiroMuseo de Pontevedra10:30 Mosteiro de Carboeiro - Silleda

Detalles do Evento

Dentro das actividades programadas arredor do Seminario de Estudos Galegos con motivo do centenario da súa creación, o Museo de Pontevedra organiza dúas saídas temáticas a modo de xeiras pola comarca de Deza.

Esta segunda, que se celebrará o sábado 23 de setembro, está centrada no Mosteiro de Carboeiro, e inclúe unha visita, unha conferencia e unha andaina opcional.

Programa:

  • 10:30 h. Encontro no aparcamento do Mosteiro de Carboeiro (Silleda).
  • 10:30 h. Visita guiada ao mosteiro.
  • 11:30 h. Conferencia “Carboeiro: novas investigacións, descubrimentos e o camiño cara a recuperación do seu patrimonio disperso”, de Francisco Prado-Vilar, investigador distinguido da Universidade de Santiago de Compostela e do CISPAC (Centro de Investigación Interuniversitario de Paisaxes Culturais Atlánticas).
  • 12:30 h. Andaina polos arredores do mosteiro.
  • 13:30 h. Fin da xeira.

Inscricións: do 8 de agosto o 15 de setembro en [email protected] (indicar número de teléfono). Actividade de balde.

Prazas dispoñibles: ata 50 persoas.

Descrición da conferencia:

Nesta conferencia farase un percorrido polas máis recentes investigacións sobre a historia do mosteiro de Carboeiro, presentando novos achados documentais, ata agora inéditos, e dando a coñecer os avances na recuperación do seu patrimonio disperso.

Colabora o Concello de Silleda.

Hora

(Sábado) 10:30

Localización

Mosteiro de Carboeiro

Mosteiro de Carboeiro, s/n, 36546 Santa María de Carboeiro

Está pasando!