XI Estranoite na Estrada

sáb22xuñ21:00XI Estranoite na Estradanocturna estradense 202421:00 Concello da Estrada - A Estrada

Detalles do Evento

O Concello da Estrada, en colaboración co Atletismo A Estrada, organizan o sábado día 22 de xuño de 2024 a carreira popular XI Estranoite.

A proba será nocturna, dándolle un maior atractivo, e será o preludio das festas patronais de San Paio 2024 nun circuíto urbano de asfalto de 4 km, que na proba absoluta terá unha distancia de 8 km, tendo que percorrer os participantes dúas voltas o mesmo.

Tanto a proba absoluta como as probas escolares celebraranse en circuítos pechados e valados. Os percorridos estarán indicados, controlados e sinalizados.

A organización contará coa colaboración dos organismos municipais competentes, que colaborarán no control da carreira.

A proba estará controlada polo Comité Galego de Xuíces da FGA.

Inscricións abertas ata o mércores 19 de xuño en emesports.es


Hora

(Sábado) 21:00

Localización

Concello da Estrada

A Estrada

Está pasando!