XIV Concurso Sanxenxo Degusta Tapas

ven16maiConsultardom01xuñXIV Concurso Sanxenxo Degusta TapasDo 16 de maio ao 1 de xuño de 2025(Consultar) Concello de Sanxenxo - Sanxenxo

Detalles do Evento

Sanxenxo volve converterse no epicentro do tapeo co XIV Concurso Sanxenxo Degusta Tapas, unha proposta que contará este ano con récord de participación con 28 establecementos participantes e un total de 44 tapas, 20 tradicionais e 24 creativas.

Os restaurantes que participarán nesta edición serán A Codia, Arrozaría Boca do Río, Asador Rosendo, Cervecería El Aviador, Chiringuito Prado Bello, Gastro Bar La Cueva, La Mar Brava, A Fonte Vella, Asador Aserradero, Cervecería Azor, Cervecería El Puerto, Esencia Nosa by Salgadoiro, Hotel Riveiro, Mar do Pintor, Marlima II, O Forno, O Risonsiño, Pepa A Loba, Restaurante El Pescador, Restaurante Xerfa, Restaurante Lilaina, O Buraco, O Laberinto, O Vasko, Restaurante Fidel, Restaurante Ollares da Ría, Taberna A Batea e Terraza del Mar.

Desde hoxe venres, 16 de maio e ata o 1 de xuño poderanse degustar tapas por un prezo de 4 euros a unidade en cada local participante. Os clientes dispoñerán dun Degusta Mapa coa localización de todos os establecementos, que serán valorados polo público, encargado de elixir a mellor tapa creativa e a mellor tapa tradicional. Tan só aquelas persoas que proben tapas en polo menos cinco locais poderán votar a mellor tapa, que recibirá un diploma acreditativo.

Os clientes participarán en sorteos de distintos agasallos, como estancias hoteis, visitas a adegas ou ceas.

Hora

Maio 16 (Venres) - Xuño 1 (Domingo)

Localización

Concello de Sanxenxo

Está pasando!