This is a repeating event

Xogos de Verán de Lourido 2025

lun28xulConsultarXogos de Verán de Lourido 2025Do 28 de xullo ao 2 de agosto de 2025(Consultar: luns) Praia de Lourido - Poio

Detalles do Evento

Organizados pola Asociación Cultural e Deportiva de Lourido, coa colaboración do Concello de Poio, os Xogos de Verán desenvolveranse, cunha programación repleta de actividades deportivas, obradoiros e espectáculos pensados para toda a familia.

Durante seis días, as tardes de Lourido converteranse nun espazo de encontro, deporte e animación, con excepción do sábado 2, cando tamén haberá actividades pola mañá. Fútbol 6 base, volei e tenis praia, petanca, pickleball, ximnasia, chave ou zumba serán só algunhas das disciplinas nas que poderá participar o público asistente.

Para participar nas actividades propostas, todas elas gratuítas, é necesario inscribirse previamente en xogosdelourido.com, onde tamén atoparán máis información sobre as modalidades así como os horarios de competición.

No caso do torneo de fútbol 6 base, as inscricións faranse a través do whatsapp 606 257 171 ou no enderezo electrónico [email protected], facendo constar os datos do compoñentes de cada equipo (nome, apelidos e DNI).

PROGRAMACIÓN

A semana dos Xogos de Verán comeza o luns 28, ás 18.00 horas, coa pista de obstáculos. A continuación disputarse o primeiro partido de fútbol 6 base, así como as primeiras rondas de volei e tenis praia, para rematar a xornada coas eliminatorias de petanca.

martes 29, a tarde comezará ás 18.00 horas con obradoiros de manualidades para a rapazada. Tras o partido de fútbol 6 base, disputaranse as segundas rondas de volei e tenis praia. Ás 19.30 horas xogarase un partido de Pickleball, modalidade incluída na edición deste ano. A carreira de caramelos pechará o día.

30 de xullo, mércores, a tarde comezará cun novo partido do torneo de fútbol 6 base, e a partir das 19.00 horas disputaranse as semifinais de volei e tenis praia, seguido dun novo partido de pickleball. Para rematar o día, ás 20.30 horas, inclúese unha exhibición de ximnasia rítmica.

O xoves 31 abrirá a tarde Barafunda Animación, cun dos seus espectáculos para público infantil a partir das 18.00 horas. Tras o partido de fútbol 6 base disputaranse as finais de volei e tenis praia. A semifinal de chave masculina e feminina e a final de petanca disputaranse, nos dous casos, ás 20.00 horas.

venres, 1 de agosto, a xornada arranca ás 19.00 horas cunha sesión de zumba, seguido da competición de pickleball e as finais de chave masculina e feminina. Ás 20.00 horas será a quenda da bici praia.

Para o último día dos Xogos de Verán, o sábado día 2, reservaron, ás 9.00 horas, o concurso de pesca. Ás 11.00 horas celebrarase a carreira popular e, xa pola tarde, será o fin de festa, no Parque Costa Xiráldez, coa entrega de premios e a actuación de Vides Novas.

Hora

Consultar (Luns)

Localización

Praia de Lourido

Avda. da Praia, Lourido 36163 Poio

Está pasando!