Museo da Ciencia do Viño | © Concello de Salvaterra de Miño

Xornada de portas abertas no Museo da Ciencia do Viño

dom18mai11:00dom19:00Xornada de portas abertas no Museo da Ciencia do ViñoDía Internacional dos Museos 202511:00 - 19:00 Museo da Ciencia do Viño - Salvaterra de Miño

Detalles do Evento

O vindeiro domingo 18 de maio celébrase o Día Internacional dos Museos e con motivo de tal efeméride o Concello de Salvaterra de Miño organiza unha xornada de portas abertas para descubrir o Museo da Ciencia do Viño, ubicado no recinto amurallado.

De xeito gratuíto e por grupos os visitantes descubrirán este espazo de características únicas en España, un espazo de divulgación da viticultura e enoloxía altamente interactivo, didáctico e idóneo para o desfrute de toda a familia.

O horario de visita será de 11:00 a 13:00 horas e de 17:00 a 19:00 horas e para inscribirse é preciso porse en contacto co museo a través do seguinte formulario.

Hora

(Domingo) 11:00 - 19:00

Localización

Museo da Ciencia do Viño

Praza do Castelo, 4, 36450 Salvaterra de Miño, Pontevedra

Está pasando!