Xornada ‘Procesos de escritura: guión, interpretación e montaxe’ en Pontevedra

xov20nov10:00xov13:00Xornada ‘Procesos de escritura: guión, interpretación e montaxe’ en PontevedraACTIVIDADES PREVIAS DOS PREMIOS FEROZ 202610:00 - 13:00 Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación - Pontevedra

Detalles do Evento

Para o xoves 20 de novembro na Facultade de Comunicación de Pontevedra, a Academia Galega do Audiovisual propón unha actividade no marco dos Premios Feroz 2026 centrada no guión audiovisual e o seu papel como estrutura viva dentro do proceso creativo dunha obra.

Coa xornada ‘Procesos de escritura: guión, interpretación e montaxe’ búscase destacar o guión como unha ferramenta de diálogo entre distintos oficios e sensibilidades, á vez ofrécese ao público unha oportunidade para coñecer os procesos internos que dan forma ás historias que chegan á pantalla.

A xornada será na Aula de Cine da Facultade de Comunicación e comezará ás 10.00 horas.

A entrada é de balde e non será necesario retirar entrada previa.

Estará estruturada en dúas mesas:

10.15 – 11.30h. Guión e interpretación

Diálogo sobre o proceso de creación das personaxes, a lectura do guíon e a traudción á escena.

Participantes:

  • Victoria Teijeiro, actriz e guionista
  • Ledicia Sola, actriz e guionista
  • Fernando Tato, actor, guionista e director
  • Paula Cons, directora e guionista

11.30 – 13.00h. Guión e a montaxe

Conversa sobre a reconstrución do relato na sala de montaxe.

Participantes:

  • Laura Piñeiro: montadora de cinema e televisión
  • Sandra Sánchez: Directora e montadora
  • Ángel Filgueira: Guionista e cineasta
  • Gaspar Broullón: montador, produtor e docente

Hora

(Xoves) 10:00 - 13:00

Localización

Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación

Campus Universitario da Xunqueira, s/n 36005 Pontevedra

Está pasando!