This is a repeating event

Xornadas do 'Exilio Galego' en Pontevedra

ven14novConsultarXornadas do 'Exilio Galego' en Pontevedra14 e 15 de novembro de 2025(Consultar: venres) Centro Social Gorgullón - Pontevedra

Detalles do Evento

O Centro Social do Gorgullón, en Pontevedra, acollerá os días 14 e 15 de novembro unhas xornadas de Memoria Histórica que este ano se van centrar no Exilio Galego, coordinadas por Montse Fajardo.

A xornada do venres 14 pola tarde, ‘Fuxir da barbarie’ estará destinada a analizar as circunstancias en que se realizou a obrigada saída do país, coa participación de persoas expertas nas vías utilizadas ou no papel dos representantes do pobo galego nas redes solidarias de evacuación.

A análise chegará ata o tardofranquismo, coa presenza de senlleiras activistas que coñecen ben de preto o exilio dos anos 70.

O sábado pola maña, co título ‘A vida no exilio’, a xornada estará centrada en analizar como era a vida das persoas exiliadas, cunha ollada especial cara ás mulleres e a forma en que estas narraron a súa experiencia.

O programa completarase con sendas conferencias centradas na vida cultural e na loita política que en prol do país realizou o noso exilio desde a diáspora.

Aberta a inscrición en apuntate.pontevedra.gal

Hora

Consultar (Venres)

Localización

Centro Social Gorgullón

Curtidoira, 1 baixo - 36003 Pontevedra

Está pasando!